4 de xul. de 2017

DEPORTES

MÁIS DE TRESCENTOS DEPORTISTAS PARTICIPARON NO CAMPIONATO GALEGO DE ACUATLÓN

Das categorías de menores e absoluta 2017, que se celebrou en Poio o domingo día 2 de xullo

Elsa Pena Vicente, de A Guarda, proclamouse campioa Galega de acuatlón 2017

Elsa Pena Vicente, de A Guarda, acadou a primeira posición da súa categoria (infantil), proclamándose campioa Galega de acuatlón 2017

Informa (fotografías e Redacción): Alberto Pena Lomba

 O pasado domingo día 2 de xullo, celebrouse en Poio, o Campionato Galego de Acuatlón.

 As probas comezaron ás 11:00 horas coa disputa da categoría benxamín na que participaron 45 deportistas que tiñan  que facer 100 metros de natación e 500 de carreira a pe. 

 Os alevíns inscritos no Campionato Galego foron  47 e as súas distancias foron de 200 de natación e 1.000 de carreira. 

Elsa Pena Vicente, de categoría infantil, en primeira posición, na carreira dos 2.000 metros

 Na categoría infantil participaron 47 deportistas, que terían  que facer 400 metros na auga e 2.000 de carreira e as distancias para os 64 cadetes participantes foron  de 500 metros de natación e 3 quilómetros de carreira. 

A atleta guardesa Elsa Pena Vicente, entrando victoriosa na liña de meta
Elsa Pena Vicente - no centro da imaxe - coa súa medalla de ouro de campioa de Galicia de Acuatlón, 2017

 Neste campionato galego participou a atleta Elsa Pena Vicente, de A Guarda, que acadaría a primeira posición da súa categoría (infantil), proclamándose campioa Galega de acuatlón 2017.

Ningún comentario:

Publicar un comentario