15 de xul. de 2017

A GUARDA

O BNG insta ao Alcalde da Guarda a suspender os Premios de Educación  

Ángel Luis Baz Vicente (portavoz municipal do BNG no Concello de A Guarda): “O BNG considera unha irresponsabilidade dar estes premios cos informes de fiscalización e xurídico desfavorábeis” 


Ángel Luis Baz Vicente, portavoz municipal do BNG, no Concello de A Guarda


Infogauda / A Guarda

 O BLOQUE NACIONALISTA GALEGO solicitou copia dos informes preceptivos para aprobar as bases da convocatoria dos premios de educación 2017. Tanto o informe de fiscalización como o informe de secretaría son desfavorábeis, afirma Ángel Luis Baz Vicente, portavoz municipal do BNG, no Concello de A Guarda.   

 Segundo indican os informes - engade Baz Vicente - trátase dunha convocatoria viciada dende o seu inicio, cun procedemento que non se axusta á legalidade.  

 O BNG ten claro que estamos ante un acto de irresponsabilidade por parte do grupo de goberno, froito da improvisación e da mala planificación, de continuar coa convocatoria e a entrega dos premios.  

 Dende o BNG preocupa a política errática en materia educativa por parte do Alcalde da Guarda, sobre todo cando existen necesidades educativas no concello que deberan ter prioridade.  

 “Cos informes desfavorábeis na man, de seguir cos premios, con que autoridade moral pode o Alcalde da Guarda pedir ao pobo que cumpra coa lei? Con que cara pode ver ás familias con necesidades educativas cando premia expedientes en vez de axudalas na educación dos seus fillos ou fillas? No BNG entendemos a educación doutro xeito”, comentou Ángel Luis Baz Vicente.  

 O BNG volve lembrar ao Alcalde da Guarda que as diferentes direccións dos centros educativos da Guarda xa lle amosaron a desconformidade con esta iniciativa.  

 Asemade “o BNG insta ao Alcalde da Guarda á retirar este premio e a investir os cartos dos premios na procura dun programa de apoio educativo para alumnado con máis necesidades.

1 comentario:

  1. Non sei se é o alcalde ou a concelleira de cultura quen convoca estes premios, pero nin un nin outro saben o que faen.Primeiro discriminan dous centros educativos do pobo excluindoos da convocatoria, e agora incluenos de novo.... ¡que vergoña! ¿desfollaron unha margarita? si, no si, no...., os nenos dos centros pertencen a este concello.OS DE TODOS OS CENTROS., ¿ou son mais guardeses os dos públicos que os dos concertados? e vostede Sr, alcalde ¿é mais alcalde duns guardeses que de outros?, Non sei en que pensábamos cando o votamos porque xá cando era concelleiro de cultura non servía pra nada, e segue igual.E a concelleira de cultura ten de todo menos cultura.¡Así nos vai!

    ResponderEliminar