26 de xuño de 2017

A GUARDA

A GUARDA HOMENAXEOU OS SEUS DEVANCEIROS NA IIª FESTA CASTREXA DO MONTE SANTA TREGA

Con dous días de actividades para tódolos públicos 


Parella de castrexos da Ribeira guardesa coa súa singular indumentaria
Fotos: Infogauda

Infogauda / A Guarda

 Reto conquerido. Ese é o balanzo que facemos desde este xornal dixital logo de comprobar como se desenvolveu, con total normalidade e sen incidencias, a IIª Festa Castrexa do Monte Santa Trega, organizada pola Asociación Veciñal das parroquias de A Guarda, que ó longo de dúas xornadas - desde ás 11:00 h. do sábado día 24 ata á tardiña do domingo día 25 de xuño -, tivo como epicentro cultural, festivo, gastronómico e lúdico, a zoa de Chans.

Castrexos e non castrexos, disfrutando da IIª Festa Castrexa do Monte Santa Trega

 Ainda que ás actividades xa comezaran na mañá do sábado, sería a partires das 18:30 h., cando daría comezo oficialmente á IIª Festa Castrexa do Monte Santa Trega, logo dunha presentación a cárrego de Fátima Iglesias Ferreira, quen á proposta do pregoeiro, e asumida pola organización do evento, pediu os presentes que postos en pé, se gardase un minuto de silenzo en lembranza das víctimas dos recentes incendios acontencidos no país veciño.

Manuel Castro Vicente, presidente da Comunidade de Montes Veciñais en Mán Común de A Guarda, no seu turno de intervención

 Logo desa sinxela homenaxe, serían os presidentes das respectivas Xuntas Rectoras das Comunidades de Montes Veciñais en Mán Común de A Guarda, Camposancos e Salcidos, os que en representación da organización, que ademáis do seu esforzo persoal, loxístico e recursos propios, contaron coas colabouras do Concello de A Guarda e da Deputación Provincial de Pontevedra, non dubidaron en agradecer públicamente eses apoios, diante do alcalde Antonio Lomba Baz e da deputada provincial Montserrat Magallanes Álvarez, nos intres previos á lectura do pregón da IIª Festa Castrexa do Monte Santa Trega.

O alcalde Antonio Lomba Baz na súa intervención

 O alcalde Antonio Lomba Baz dixo: "(...) Dende o concello parécenos interesante esta aposta das Comunidades de Montes como unha forma de visibilizarse e de colaborar na promoción turística da Guarda e do Monte Santa Trega, da súa paisaxe e sobre todo do seu Patrimonio.

 A nosa filosofía é apoiar tódalas iniciativas, sociais, culturais, deportivas, veciñais, empresariais. Incluso as que parten dos nosos ancestros, os castrexos e castrexas. 

 Como sempre digo, estamos a vosa disposición para aportar o gran de area que faga que as iniciativas que busquen a mellora común saian adiante. 

 O concello pon a disposición espazos, medios e incluso traballadores para que os eventos sexan posibles.

 A nosa idea é seguir fomentando políticas de participación cidadá. 

 Parabéns as Comunidades de Montes por esta iniciativa. Estamos de festa, pasémolo ben".

 Pola súa banda, a deputada provincial Montserrat Magallanes Álvarez e concelleira de Turismo, relembrou á campaña arqueolóxica que co patrocinio da Deputación Provincial de Pontevedra, desde setembro de 2015 permitiu reexcavar, baixo á dirección de Rafael Rodríguez, arqueólogo da Deputación de Pontevedra, unha zoa do poboado que Cayetano Mergelina, había excavado fai cáseque un século. 


Monserrat Magallanes Álvarez, concelleira de Turismo e deputada provincial, na súa intervención

 Montserrat Magallanes sinalou que os achados atopados nesa zoa, permiten confirmar unha maior antigüidade do xacemento castrexo do Monte Santa Trega, do que deica agora se tiña coñecemento. Dese xeito, á vista das máis de 40.000 pezas atopadas, unha estructura de probable uso público, de uns 40 m2 de superficie, e once vivendas, permiten estimar que o castro estivo habitado entre o século IV a. de C. e mediados do  I d. C.

 Montserrat Magallanes tamén avanzou que a Casa dos Alonso acollerá desde o día 21 de xullo, ás 21:00 h., ata o 27 de agosto, á exposición "Viaxando pola Historia, cen anos do MASAT", que ademáis de conmemorar o I centenario do Museo Arqueolóxico do Monte Santa Trega, creado pola Sociedad Pro-Monte Santa Tecla, vai ter, segundo afirmou, unha repercusión internacional.

Ricardo Rodríguez Vicente dando lectura do pregón da IIª Festa Castrexa do Monte Santa Trega


  Deseguido, logo dunha agarimosa presentación feita por María de Fátima Iglesias Ferreira, na que fixo unha síntese da traxectoria profisional do pregoeiro, así como das súas inquedanzas a prol do pobo de A Guarda, onde naceu e onde traballa; o cronista Ricardo Rodríguez Vicente deu lectura o pregón da IIª Festa Castrexa do Monte Santa Trega, para decir, entre outras cousas: 

 "(...)  Se botamos unha ollada na néboa do tempo e nos imos á Prehistoria, podemos adiviñar como este lugar onde nos atopamos, ben podería ser un espazo de transición entre os castros veciños de Saá, de Tras das Viñas, da Forca dos Cregos, do Marouco, do Piruco da Bandeira, da Proba, de Cividans, ... e de tantos outros espallados pola contorna, como “satélites” deste singular outeiro granítico situado na Ostium Minii, ou Porta do Miño, segundo a descripción que o xeógrafo grego Claudio Ptolomeo, que finou a finais de século II despois de Cristo, fai na súa Xeografía.

  Neste singular monte estaba, sen ningún tipo de dúbidas, toda unha poboación de altura, con un censo de habitantes moi considerable, que co seu traballo e mesmo coa relación comercial con outros pobos mediterráneos, fixeron do Trega, un verdadeiro emporio. Probablemente o máis importante da Gallaecia.

 Non hai máis que ver á cantidade e variedade de materiais arqueolóxicos atopados nas diferentes campañas de excavacions.

 Algúns deses materiais – como as ánforas vinarias, as cerámicas de terra sigilata, as moedas do Imperio romano, o cunco de pasta millefiori, o vidro polícromo,... - viñeron por vía marítima desde pobos moi lonxanos. E non foi por casualidade (...)".

  Nese intre da súa intervención, o pregoeiro non dubidou en reivindicar enérxica e públicamente, o retorno do cunco de pasta millefiori que fora atopado no Monte Santa Trega, na campaña de excavacions que no ano 1986 dirixiu Antonio de la Peña Santos, e que se atopa no Museo de Pontevedra, volte para A Guarda, xa que é eiquí, no Museo Arqueolóxico do Monte Santa Trega, onde debe estar.


Fátima Iglesias Ferreira foi á presentadora da IIª Festa Castrexa do monte Santa Trega

 Como ben relembrou á presentadora Fátima Iglesias Ferreira, o cronista Ricardo Rodríguez Vicente presentou en data 15 de maio deste ano, unha proposta (rexistro de entrada RC-2809), que foi asumida de xeito unánime por tódolos membros da Comisión de Asuntos Plenarios, e posteriormente aprobada tamén por unanimidade de toda á Corporación Municipal do Concello de A Guarda, na sesión plenaria ordinaria celebrada o venres día 26 de maio de 2017, para solicitar á Consellería de Cultura, da Xunta de Galicia, á reversión do cunco de pasta millefiori, e que pase a formar parte da colección permanente do Museo Arqueolóxico do Monte Santa Trega (MASAT).

 Continuando co pregón, Ricardo Rodríguez Vicente dixo: " (...) os castrexos sempre foron un pobo con unha cultura e unha lingua de seu. Unha etnia traballadora. Decidida. Nada lles metía medo. E por iso, sen lugar a dúbidas, puderónse permitir mercar artigos suntuarios, é decir, de luxo. E para iso tiñan que ter medios de pago e por suposto, un considerable poder adquisitivo.

 E por eiquí, cos abondosos recursos do río Miño e do mar das Tebras  (o Mare Tenebrosum, como lle chamaban os romanos), había fartura. Alomenos de peixe e de sal. Dous productos de moitísima importancia para a supervivencia humana e tamén para á economía do noso pobo (...)". Nese intre o pregoeiro pregou públicamente á debida protección para ás salinas que temos o longo da costa guardesa.

 No seu pregón, Ricardo Rodríguez Vicente mencionou á riqueza piscícola do río Miño, noutrora rico en savéis, salmóns, sollas,..., e que hoxendía, por motivos diversos non é como cando os romanos andaban por eiquí, sendo esa unha das probables razóns da presenza daquela, das cobizosas lexións imperiais na Gallaecia.

 Logo dese limiar con certa base histórica e unhas pingas de ficción, o pregoeiro referiuse á labor que veñen desenvolvendo ás Comunidades de Montes Veciñais en Mán Común, decindo que "(...) son as que xestionan os montes que de xeito consuetudinario, os veciños veñen aproveitando desde tempos inmemoriais.

 Grazas á labor de tódalas Comunidades de Montes Veciñais en Mán Común, os montes están xerando recursos que revirten directa ou indirectamente nos propios veciños, mediante diversas actuacions, que contribúen a mellorar a calidade de vida de todos.

  Por iso, todos e cada ún de nós, temos o deber de coidar o monte, e por conseguinte tamén o dereito de disfrutar del.

 Un bó xeito de colabourar é apoiando á labor das Xuntas Rectoras das Comunidades de Montes, e por suposto, respectar o monte.  

 Se así o facemos, se educamos os picariños no respecto ás árbores, e o medio ambiente natural, o monte, en particular, e á Natureza, en xeral; e os maiores lles damos exemplo, os montes nos van a devolver vida, aire limpo, augas non contaminadas,  sombra nos días en que o calor apreta,..., e por suposto, á satisfacción de poder facer camiñatas polos sendeiros e pistas forestais, cando nos apeteza. E tamén, como agora, disfrutar de intres como este. 

  Por iso, que as Comunidades de Montes Veciñais en Mán Común de A Guarda, Camposancos e Salcidos, haxan creado a Festa Castrexa, coidamos que debe ser motivo de satisfacción para todos e cada ún de nós.

 E que este evento teña lugar nun enclave tan emblemático e de privilexiada posición xeoestratética, como o Monte Santa Trega, que é, con certeza, o xacemento galaico máis visitado do Noroeste peninsular; debe servir para que nos sintamos orgullosos do que somos, sen esquecer nunca de onde vimos.

  Todos procedemos dunha etnia que nos define por aquilo que nos úne, como as afinidades raciais, á língua, a cultura,..., e mesmo o noso xeito de entender á vida (...)". 

 No tramo final da súa intervención, o pregoeiro tamén se referiu o solsticio vernal que foi fai uns días, coa chegada do verán, evento que xa celebraban nosos devanceiros.

 "(...) Os antigos poboadores - engadiu Rodríguez Vicente - da cidade prehistórica do Trega, que en verbas do coengo e historiador Juan Domínguez Fontela, ben podería tratarse da Abóbriga, deixáronnos unha diversidade de labras en pedra, como as que se amosan no Museo Arqueolóxico do Monte Santa Trega, ubicado no cumio do noso singular monte, nas que podemos intuir que nalguns casos, se trata de representacions castrexas do astro rei, ou Deus Sol, o que os castrexos lle tributaban un culto ancestral (...)".

 Logo de agradecer á atención do respectable público e as Xuntas Rectoras das Comunidades de Montes Veciñais en Mán Común por habelo convidado a pronunciar o pregón desta IIª Festa Castrexa do Monte Santa Trega, o cronista dixo:  


E xa sen máis, avante coa Festa!

Viva a Festa Castrexa!

Vivan os castrexos!

  Logo de rematar o pregón, os organizadores entregaron uns agasallos conmemorativos o alcalde, a deputada provincial, a presentadora do acto e ao pregoeiro.


 ANDAINA GUIADA POLO TREGA
 Minutos depois daría comezo unha andaina guiada por Miguel Reboredo Otero, na que participaron máis de medio cento de persoas de diversas edades, e que comprendeu desde Chans, subindo polo Camiño da Raposa, ata chegar o concheiro, e logo continuar polo Sendeiro da Pro-Monte, pola aba occidental do Monte Santa Trega, pasando pola Fonte do Ermitán, con apuntes informativos in situ, para continuar polo "túnel das acacias", formado por milleiros de exemplares desa especie alóctona e invasiva, e logo acceder por un atallo o poboado Calvo, con posterior visita a primeira vivenda castrexa reconstruida pola Sociedad Pro-Monte Santa Tecla, en 1965. 


Miguel Reboredo Otero, ofrecendo información os participantes da andaina

 Logo dunhas instructivas explicacions, os participantes da andaina continuaron en dirección o petróglifo coñecido como Laxe Sagrada ou Laxe do Mapa, que para algúns autores é á mais antiga representación cartográfica de Occidente. Desde as inmediacions dese lugar, Miguel Reboredo aportou novos datos sobor da segunda vivenda reconstruída, para continuar polo Xardín da Pro-Monte, deténdose arredor do alxibe alí existente, que serviu para aproveitar ás augas pluviais. Desde alí, guía e camiñantes detivéronse no poboado Mergelina, reexcavado en 2015. Miguel Reboredo avanzou que de acordo coa lexislación en vigor, dentro de pouco comezará unha labor de consolidación desa zoa de intervención arqueolóxica e súa posterior posta en valor.

 Xa no tramo final da andaina, o guía aportou información sobor da importancia do concheiro, a pesares de haberse visto afectado en varias ocasions, unha delas polo trazado do Sendeiro da Pro-Monte, e tamén pola canalización de auga, polo Camiño da Raposa, en dirección a Chans, que hoxendía están desenvolvéndose novamente.

ARTESANÍA, ACTUACIONS MUSICAIS, GASTRONOMÍA, RUTA CABALAR, XOGOS TRADICIONAIS,...

O Trío Manuk nunha das súas actuacions na IIª Festa Castrexa do monte Santa Trega

 Tanto na xornada do sábado como na do domingo, os participantes na IIª Festa Castrexa do Monte Santa Trega disfrutaron coas actuacions de varios grupos, como O Trebón dos Xidos, A Boalleira, Do Lusco ó Fusco, Tanto nos ten, Manuk, Vento Mareiro,... 

Público diante dun dos postos montados no recinto do evento

 Varios postos de artesanía de todo tipo, e de comida (calamares, pementos, polbo, churrrasco,...),  rosquilleiras, etc., déronlle sabor os padales, e animación a gran carpa que á organización instalou no campo de Chans, onde tamén se ubicaron pacas de palla formando mesas - con taboleiros de inspiración castrexa - e asentos, que foron moi ben acollidos polo público.


Grupos de familias xantando no parque forestal
Representantes de cada unha das Comunidades de Montes Veciñais en Mán Común, agardando o intre da saída da carreira de sacos

 Ademáis da IIª Ruta Cabalar, desde o Camping de Salcidos ata Chans, que tivo lugar na mañá do domingo; pola tarde, despois do xantar o aire libre, con participación de grupos familiares e de amigos das tres parroquias de A Guarda, e tamén procedentes de outros concellos veciños; houbo varios xogos populares (petanca, birlos celtas, carreiras de sacos, tirar da corda,...) nos que participaron os máis novos e tamén os maiores, mulleres e homes, nunha divertida competición na que o premio foi pasalo ben, como así foi.

Un especialista en talla de madeira con motoserra, en plena labor, diante das olladas de moitas persoas que presenciaron súa exhibición

 Asemade, o igoal que na edición anterior, na IIª Festa Castrexa do Monte Santa Trega houbo unha exhibición de escultura en madeira con motoserra, e posterior poxa pública da obra realizada.


A imaxe reflicte un dos intres de onte a tardiña, onde o público compartiu a ledicia da IIª Festa Castrexa do Monte Santa Trega cos amigos e familiares


 E todo iso, nun entorno natural incomparable, con unhas vistas impresionantes, e con amplos espazos habilitados para aparcar, que fixeron que na IIª Festa Castrexa do Monte Santa Trega participasen centos de persoas - este ano incluso con máis xente ataviada con vestimenta da época prehistórica -, nunha celebración que naceu a partires dunha proposta feita por Agustin Alfonso "Mora", e que foi acollida sin ningunha dúbida polas tres Comunidades de Montes Veciñais en Mán Común existentes no municipio de A Guarda, e que ten vocación de ser unha celebración de referencia no calendario festivo de A Guarda.

Ningún comentario:

Publicar un comentario