26 de xuño de 2017

DEPORTES

PIRAGÜISMO

CATRO MEDALLAS PARA OS TEIXUGOS NA 4ª COPA GALEGA DE PROMOCIÓN DE SLÁLOM 

Sergio Rodríguez - o centro da imaxe - medalla de ouro en K1 home infantil 

Informa (fotografías e redacción): Rosa Fernández Carrera

 O pasado domingo día 25 de xuño, celebrouse na localidade pontevedresa de Ribadumia, sobre as augas do río Umia,  a 4ª Competición da Liga Galega de Promoción de Slálom, ao que o Club Deportivo Miño acudiu cun equipo algo reducido de tan só seis deportistas, pero a pesar diso, aínda foi quen de alzarse con catro medallas. 

 En K1 home infantil Sergio Rodríguez acadou a primeira posición, obtendo por tanto a medalla de ouro, na mesma categoría Samuel Castro foi sexto e Alexis Segadaes sétimo. 

 Samuel Castro, bronce en C1 home infantil

 En C1 home infantil Samuel Castro foi bronce e Sergio Rodríguez rematou sétimo. 

Alba Soutelo acadou dúas medallas de bronce

 Alba Soutelo obtivo dúas medallas de bronce en K1 muller infantil e en C1 muller infantil. 

 En K1 home benxamín Javier Luch foi sexto e en K1 home alevín Adrián Lluch foi oitavo. Na clasificación final por equipos o Club Deportivo Miño rematou quinto. 

LUIS FERNÁNDEZ, NA COPA DO MUNDO DE PREGA

Coa selección española absoluta 


Luis Fernández, o único piragüista galego na selección española absoluta

 A pasada semana, Luis Fernández tivo unha nova participación coa selección española absoluta. Desta vez na cidade alemá de Augsburg, onde se celebrou a segunda copa do mundo do 23 ao 25 de xuño. 

 Luis Fernández, o único representante galego na selección española fixo dúas boas baixadas. Tivo dúas opcións para entrar en semifinais, facendo na súa segunda baixada mellor tempo, pero quedando lonxe dos postos de clasificación. Rematou na cuadraxésimo sétima posición, unha boa posición tendo en conta o altísimo nivel dos participantes. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario