13 de maio de 2017

O ROSAL

A AGRUPACIÓN MUSICAL DO ROSAL CONMEMORA O DÍA DAS LETRAS GALEGAS

O 17 de Maio, na Praza do Calvario, con un variado programa o longo de toda á xornada



Infogauda / O Rosal


 Relembrando á figura de Carlos Casares Mouriño (Ourense, 24 de agosto de 1941 -  Vigo, 9 de marzo de 2002),  toda Galicia saberá un pouco máis sobor da labor que desenvolveu o longo da súa andaina vital como escritor e xornalista, a tamén súa faceta como persoa comprometida co noso País. 

 No Rosal, á xunta directiva e compoñentes da Agrupación Musical do Rosal, organizaron unha ampla programación para conmemorar o Día das Letras Galegas, que terá como data principal o 17 de Maio. Ese día, a Praza do Calvario será o epicentro cultural, festivo e lúdico de todo o muncipio. Para elo, o longo de toda á xornada haberá actividades (Contacontos, postos de Artesanía e venda de libros en galego), así como actuacions: Grupo de gaitas, Clarinetes Klason, Coro Infantil, Minibanda, Banda Infantil, Orballo e ás 9 alí, Airiños de San Miguel, e Tambaluca (A Guarda).

 Todo iso, que é todo un mundo de vida cívica, de participación colectiva, de ledicia e sobor de todo de Cultura, onde a língua galega é a protagonista, poderá disfroitarse con tapas de polbo, de chourizos, de zorza, tortillas, empanadas, filloas e sobremesas caseiras,..., e por suposto con viños do Rosal.

Ningún comentario:

Publicar un comentario