13 de maio de 2017

CAMPOSANCOS (A GUARDA)

A COMUNIDADE DE MONTES VECIÑAIS EN MÁN COMÚN DE CAMPOSANCOS CONMEMORA O DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Con unha lembranza a Carlos Casares e unha homenaxe o emprendedor Manuel Vicente Pérez




Ricardo Rodríguez Vicente  / Camposancos


 A Xunta Rectora da Comunidade de Montes Veciñais en Mán Común da parroquia de Camposancos continúa súa andaina desenvolvendo actividades culturais de todo tipo. E como corresponde nestas datas, os comuneiros non quixeron deixar pasar a oportunidade de conmemorar o Día das Letras Galegas. Para elo un acto de lembranza ao escritor e xornalista Carlos Casares Mouriño, que terá lugar o vindeiro martes día 16 de maio, ás 21:00 h., na Casa Cultural de Camposancos. 

 No devandito evento, que contará coa participación do Coro Fuscalheiro, haberá tamén unha homenaxe póstuma o emprendedor Manuel Vicente Pérez, de Camposancos, o cal nos seu tempo de lecer cultivaba a creación poética, que deixou como legado para os seus, e nesta oportunidade, una neta súa será quen recite algúns dos seus poemas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario