19 de maio de 2017

A GUARDA

CONVERXENCIA GALEGA PRESENTOU UNHA MOCIÓN INSTANDO Á IMPARTICIÓN DE CURSOS DE FORMACIÓN EN PRIMEIROS AUXILIOS

Celso R. Fariñas, concelleiro de Converxencia Galega
Foto: Infogauda

Infogauda / A Guarda

 O concelleiro Celso R. Fariñas, de Converxencia Galega, ven de presentar no rexistro municipal de entradas, para seu debate e aprobación se procede, na videnira sesión plenaria da Corporación Municipal, á seguinte moción:

CURSOS DE FORMACIÓN EN PRIMEIROS AUXILIOS 

 Celso R. Fariñas, como concelleiro de CONVERXENCIA GALEGA, según o previsto no Regulamento de Organización, Funcionamiento e Régime Xurídico das Entidades Locais de 28 de novembro de 1986  a seguinte MOCIÓN: 

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS 
 A Organización Mundial da Saude (OMS) define accidente como un suceso xeralmente preventible que provoca ou pode provocar unha lesión. 

 Os primeiros auxilios refirense a asistencia ou tratamento inmediato que se presta a alguen ferido ou repentinamente enfermo, antes da chegada dunha ambulancia u outra persoa adecuadamente cualificada para conserva-la vida e evitar o agravamento do estado da víctima. Son métodos seguros e simples de salvar vidas nunha situación de emerxencia.  

 As emerxencias poden ocurrir en cualquer momento, en cualquer lugar e afectar a cualquer persoa. As persoas máis próximas son quenes deben actuar primeiro. En emerxencias, persoas como cualquera de nos, salvan o 90% de vidas. Todos podemos ser  “héroes” aprendendo primeiros auxilios e prestándollos chegado o momento, así como asegurando que a capacitación en primeiros auxilios sexa accesible para todos.  

 Cada ano, millons de persoas se ven afectadas o morren por falta de coñecementos sobre como responder diante dunha emerxencia. Os primeiros auxilios brindan unha resposta rápida e inicial para protexer as persoas e minimizar o impacto as complicacions que se pudiera xenerar cuando non se recibe asistencia oportuna.  

 Os cursos de formación e os servicios de primeiros auxilios son unha das principais actividades pola necesidade que ten sido identificada na atención inicial das emerxencias e nos procesos de reducción do risco.  

 As Administracions debemos promocionar o desenrrolo dos coñecimentos e as competencias con relación os primeiros auxilios, diseñando estratexias para que estén o alcance de todos/as, especialmente das comunidades máis vulnerables, enfatizando  na formación de primeiros respondentes e garantir que os servizos comunitarios teñan unha resposta con calidad. 

 Por todo o cal, e polo que CONVERXENCIA GALEGA, propón ao Pleno para o seu debate e aprobación se procede, dos seguintes ACORDOS:   

PRIMEIRO-  Desenrrolar unha Campaña para que, con todo-los recursos posibles o noso alcance, se imparta a toda a poboación interesada formación en primeiros auxilios, co fin de estar adecuadamente informados no suposto de que se produza un accidente no noso en entorno.      

 Facemos fincapé en que esta Campaña comence polo ofrecimento dos mesmos a todo-los establecementos de hostelería e Centros Educativos, por ser, en muitos casos, quenes primeiro se encontran con estas situacións de emerxencia, donde o tempo de resposta é vital.  

 SEGUNDO- Propoñemos que os establecimentos que se sumen a esta Campaña e leven a cabo a formación se lles identifique cun distintivo que mostre seu compromiso e interés.  

 TERCEIRO- Por remate,  propoñemos que esta formación se ofrezca a todo-los/as vecinos/as a  través das Asociacións Culturais, Comerciais, Deportivas, Sociais, de Veciños/as ou Comunidades de Propietarios as que se lles ofertará a opción de recibir estas charlas ou cursos.  

A Guarda, a 12 de maio de 2.017       

Celso R. Fariñas 
Concelleiro de CONVERXENCIA GALEGA          

Sr. Alcalde-Presidente Concello de A Guarda

Ningún comentario:

Publicar un comentario