19 de maio de 2017

A GUARDA

A Deputación de Pontevedra garante ao Concello da Guarda a reforma da rúa Concepción Arenal 

O deputado de Cooperación, David Regades, avanzou que no plazo dun mes aprobarase o convenio para a realización do proxecto  

Infogauda / A Guarda

 O Goberno provincial da Deputación de Pontevedra aprobará no prazo dun mes o convenio co Concello da Guarda para a completa realización do proxecto de mellora da rúa Concepción Arenal. O compromiso foi ratificado hoxe polo deputado de Cooperación, David Regades, responsable das relacións da Deputación cos concellos, tras a reunión mantida co alcalde da Guarda, Antonio Lomba Baz. 

 O deputado provincial, que mantivo un encontro co alcalde guardés para facer unha previsión dos proxectos para á localidade, enmarcados no Plan Concellos 2017, sinalou que "como non podería ser doutro xeito, a reforma de mellora da estrada de Concepción Arenal é un feito en atención as demandas do alcalde e do Goberno municipal".

Ningún comentario:

Publicar un comentario