I Festival Xente Xida
Celebrarase o vindeiro 24 de Xullo deste ano 2017, na Praza do Calvario
Coincidindo coa tradicional celebración local da Festa do Pilar e a noite véspera do Día de Galicia, 25 de Xullo día do Apóstolo Santiago
O gaiteiro, cantautor e músico Tino Baz participará no I Festival Xente Xida
Foto: Infogauda
Óscar Álvarez Alonso / O Rosal
A Asociación Cultural Xida comprácese en presentar este primeiro festival folk onde dende primeira hora se poderá acudir a desfrutar con algúns dos mellores artistas do panorama musical galego.
A partir das nove da noite as actuacións de grupos da bisbarra como as pandereteiras “Tremelique” e o grupo da asociación organizadora de gaitas e percusión tradicional “O Trebón dos Xidos”, animarán os asistentes co seu bo facer. Grandes artistas de nome recoñecido como “Pelepau” ou Tino Baz, nos amosarán a súa mestría, e “Ludovaina”, dende Cangas, presentará nesta localidade o seu disco “Bicos, abrasos e apalpasos”.
N o recinto da festa, na Praza do Calvario haberá cantina con bebida e comida a prezos populares e “Porco ó espeto” dende Portugal. Para que naide se perda un minuto deste festival, haberá sorteos entre os asistentes e agasallos para “os máis” bailadores, e de seguro algunha sorpresa máis.
A Asociación Cultural Xida pretende crear unha festa distinta onde a cultura do noso tome relevancia, unha festa para todos os públicos na que estamos a pór todo o noso esforzo para demostrar que hai un oco para a nosa música nas festas e festivais.
Dende a asociación facemos un chamamento para que todo aquel que queira desfrutar dunha noite especial entre música e diversión, se achegue o concello do Rosal o vindeiro 24 de Xulllo.
Sen máis agradecer en especial a Concellería de Cultura do Rosal e a tódolos colaboradores e socios da A. C. XIDA que en conxunto están a facer un gran esforzo para que todo saia o mellor posible.
Ningún comentario:
Publicar un comentario