27 de maio de 2017

A GUARDA

"GRABADOS NAS BEIRAS": Á PRESENZA DOS ÉQUIDOS E DOS CÉRVIDOS, NA ARTE RUPESTRE, A UNHA E OUTRA BEIRA DO RÍO MIÑO

Despois de analizar máis de setenta superficies desta zona, pode verse como é o cabalo/garrano/équido é o dominante, cunha función semellante á do cervo do resto de Galicia


Fotos: Infogauda

Infogauda / A Guarda 

 O Centro Cultural de A Guarda acolle ata o día 11 de xuño, á exposición “Grabados nas beiras”, cuxo contido consiste nunha serie de calcos de petróglifos de équidos e cérvidos, obra de Manolo Ledo. 

 “Grabados nas beiras” é unha das actividades levadas a cabo polas asociacións O Fuscalho, A Jalleira, ANABAM, IEM, ACAMO, SOS Groba e Colectivo Carballas, dentro das xornadas “O Miño e Nós”.  

 “Grabados nas beiras” é unha iniciativa que xurdiu a través do proxecto EQUUS do Instituto de Estudos Miñoranos (IEM), que xira ó redor do patrimonio natural e cultural dos cabalos garranos que viven nas serras de Galicia e no norte de Portugal. Un equipo de arqueólogos, fotógrafos e prospectores estuda o mundo da arte rupestre, nun proxecto cultural baseado no traballo de prospección e rexistro dos gravados, o levantamento fotogramétrico dos mesmos e o estudo particular e comparativo dos paneis. 

 As conclusións ás que están chegando é que a convicción de que o cervo era o animal máis representado na arte rupestre galego-portuguesa, non é válida, xa que despois de analizar máis de setenta superficies desta zona, pode verse como é o cabalo/garrano/équido é o dominante, cunha función semellante á do cervo do resto de Galicia.

 A exposición ben merece que nos acheguemos nunha visita sen presas, para poder comprender mellor a riqueza da arte rupestre nunha e outra beira do Miño, así como a importancia da súa divulgación á cidadanía, para que todos respectemos os petróglifos, por seren importantes testemuñas dunha época, ademáis de un xeito de expresión artística dos nosos devanceiros.

Ningún comentario:

Publicar un comentario