20 de abr. de 2017

MOS

Ángeles Vázquez avalía coa alcaldesa de Mos a colaboración en materia de mellora de infraestruturas rurais neste concello

A conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, mantivo esta tarde un encontro coa alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo

Infogauda / Mos

 A conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, mantivo esta tarde en San Caetano un encontro coa alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo. Ambas avaliaron diferentes vías de colaboración en materia de impulso ás infraestruturas do agro neste concello pontevedrés. En particular, analizaron as necesidades de Mos en materia de mellora de camiños rurais.
 O pasado ano, este municipio recibiu axudas de Medio Rural por importe de preto de 109.000 euros para obras de acondicionamento de camiños dentro dos plans Marco e de Emerxencias.

Ningún comentario:

Publicar un comentario