SinergiaG6, tecnoloxía galega ao servizo da gandaría e avicultura
· Un dos puntos fortes da compañía é o control dos niveis de amoníaco nos espazos de cría para mellorar a produtividade e garantir o cumprimento normativo
· Sinergia G6 acudirá á Feira de Produción Animal de Zaragoza (FIGAN), do 28 ao 31 de marzo
O cliente decide as alarmas e avisos para a súa comunicación aos responsables que decida
·
SinergiaG6 é
unha empresa pioneira en ofrecer melloras en tempo real para granxas.
Especializados en avicultura, ofrecen
solucións aos problemas asociados ao baixo nivel tecnolóxico das explotacións
agrogandeiras.
Nada da conxunción de esforzos e coñecementos dun grupo de enxeñeiros e
profesionais con experiencia nos sectores tecnolóxico, industrial e
agrogandeiro, Sinergia G6 naceu en 2015 e está ubicada no Polígono da Granxa (O
Porriño – Galicia).
Un dos puntos fortes da empresa é a medición e rexistro dos niveis de
amoníaco nos espazos de cría, co conseguinte impacto en termos produtivos,
económicos, ambientais e de benestar animal.
AirCheck 5SW
O seu AirCheck 5SW é o
primeiro dispositivo a nivel mundial que permite ás granxas cumprir as
Directivas 96/61/CE y 2007/43/CE do Consello da Unión Europea, cos seus
correspondentes Decretos Ley a nivel nacional (RD 692/2010), nos que se establecen as disposicións
mínimas para a protección dos animais destinados á produción de carne.
Entre outros, tamén posúe un sistema de seguimento en tempo real das
variables medioambientais da explotación; a evolución do peso dos animais; o contido
dos silos de alimento, e das condicións óptimas no transporte das aves dun día
da incubadora á granxa. Todos estes sistemas contrólanse de xeito centralizado
en tempo real dende un portal web denominado FarmsCloud.
Manuel Portela González, director técnico de Sinergia G6, destaca
que “os nosos produtos permiten aos produtores avícolas acceder, por fin, á
gandaría de precisión”. Esta precisión apórtaa a innovación tecnolóxica e a
xestión produtiva en tempo real.
Sinergia G6
Sinergia G6 é unha enxeñaría cuxa misión é o desenvolvemento de tecnoloxía
propia e de referencia nos sectores agroalimentario e gandeiro, baseada na
integración de novas tecnoloxías.
Pasa a paso, estase a abrir camiño innovando nun sector que precisa dunha
maior bagaxe tecnolóxica.
A empresa acudirá á Feira de
Produción Animal (FIGAN), que se celebra en Zaragoza do 28 ao 31 de marzo,
onde teñen previsto aumentar a súa rede de contactos profesionais.
Roberto Goñi Petit, director xeral de Sinergia G6, resalta que
“o sector agrogandeiro demanda innovación tecnolóxica para maximizar marxes e
potenciar a competitividade”. Á súa vez, sinala que “os directivos e
responsables de integradoras e incubadoras necesitan datos en tempo real para a
toma eficiente de decisión produtivas e para a mellora do benestar animal”.
Ningún comentario:
Publicar un comentario