26 de feb. de 2017

O ROSAL

O DESFILE - CONCURSO DO DOMINGO DE ENTROIDO, FOI TODO UN ÉXITO

Compoñentes da Comparse Ciklón, de Tomiño
Fotos: Infogauda

Infogauda / O Rosal

 O fío das 11:30 horas, é decir, con uns 30 minutos de demora, sobor do horario previsto, deu comezo o desfile-concurso do Domingo de Entroido organizado polo Concello do Rosal, no cal participaron disfraces individuais e comparsas. O desfile partiu da Rúa da Feira e percorreu as rúas Xulio Sesto e Ramón Franco, para rematar nas inmedicacions da Lomba. 

                             Compoñentes da Comparsa Luces, de Paredes (Tomiño)

 Moitísímo público, tanto do Rosal como doutros lugares da comarca, ateigaron as beirarrúas do percorrido, disfroitando coa vistosidade dos participantes, súas coreografías, súas chamativas indumentarias e mesmo súa posta en escea.

 Como era de agardar, especialmente polos que fixemos a observación do ceo, a choiva en forma de orballo, fixo acto de presenza, e motivou que algunhas persoas abrisen seus paraugas e outras se abrigasen onde puderon. Non foi nada que asombrase a ninguén, pois non en balde estamos en inverno, e o Entroido en Galicia ten estas cousas, sin que por iso, causase maiores problemas. En todo caso, foi algo que pudo evitarse, de haber comezado o evento a hora en que estaba anunciado, de tal xeito que cando chegase a choiva, o desfile xa podería ter rematado. 

 Temos que salientar a vistosidade das comparsas, moitas delas inéditas para o respectable público, que viñeron de poboacións do sur da provincia de Pontevedra, contribuindo o abrillantamento do concurso-desfile, o cal sempre é de agradecer.

 Botamos en falla a participación de grupos da zoa, cuxa presenza debería incentivarse, instituindo premios específicos para grupos locais. Aí queda a suxerencia para vindeiras edicions.

Ningún comentario:

Publicar un comentario