26 de feb. de 2017

CAMPOSANCOS (A GUARDA)

"CRISE NO MEDITERRÁNEO: REFUXIADOS", NOVO ÉXITO DE AFLUENZA ÁS CHARLAS DE PORTAS ABERTAS 2017

Organizadas pola Xunta Rectora da Comunidade de Montes Veciñais en Mán Común  de Camposancos

O público seguiu con atención á conferencia de Carlos Rodríguez Castro, voluntario da ONG MOAS (Migrant offshore aid station)
Foto: Conchi Ortega



José Fernando Martínez Martínez / Camposancos

 Onte sábado, diante de cincuenta e cinco personas entre as que se encontraba Conchi Ortega, número un do PP local, e o gran Piño (da Asociación Con Razones); Carlos Rodríguez Castro, persona xenerosa donde as haxa, nos foi narrando e mostrando, intercalando fotos e vídeos, parte das súas vivenzas no Mediterráneo, en Grecia, e na costa con Turquía.  

 A  Xunta Rectora da Comunidade de Montes Veciñais en Mán Común de Camposancos estamos ledos da gran acollida que tivo este ciclo de Charlas de portas abertas, 2017. Non esquezamos que era carnaval, e nos da folgos para empezar a pensar en seguir organizando máis. Xa que os que terían que ser dinamizadores da vida cultural do pobo non o fan, facémolo nós. Sin duda que a nosa prioridade ten que ser a inversión no monte pero entendemos como moi importante que non debemos descoidar o eido cultural.  

 Xa aproveito para informar que estamos con unha intervención no parque forestal de Chans facendo unha actividade que pensamos pode melloralo muito, en colaboración con o Centro Avelaíña que conseguiron un curso subvencionado pola ONCE e que xa empezaron a traballar. A Comunidade de Montes de Camposancos corre cos gastos das árbores e materiais que necesiten, e a ONCE paga as horas de traballo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario