27 de feb. de 2017

A GUARDA

O ferry suspenderá temporalmente o seu servizo a partir do 2 de marzo 

Debido a traballos de revisión obrigatorios
   
O ferry boat "Santa Rita da Cássia"
Foto: Infogauda


Infogauda / A Guarda

 Desde o executivo municipal do Concello guardés veñen de faer público que "o servizo do ferry que une A Guarda e a localidade portuguesa de Caminha verá interrompida temporalmente a súa actividade, por mor dos traballos de revisión obrigatorios, o 2 de marzo a partir das 13:30 horas.   

 Este xoves 2 de marzo, pola tarde, o ferry será levado ao estaleiro para realizar as correspondentes tarefas de revisión obrigatorias co fin de renovar os certificados de navegabilidade necesarios para continuar a súa actividade. 

 As travesías quedarán, por tanto, suspendidas ata novo aviso. En canto se teña coñecemento, informarase do día e hora no que o ferry retome o seu servizo".

Ningún comentario:

Publicar un comentario