19 de xan. de 2017

TUI

O BNG DE TUI PROPÓN QUE O NOVO CENTRO DE SAÚDE LEVE O NOME DE “ALEJO DIAZ JURADO”

María do Carme Núñez Méndez e Xosé Martínez Tato, concelleiros do BNG no Concello de Tui
Foto: BNG Tui

BNG / Tui

 O doutor Alejo Diz Jurado foi un destacado médico de cabeceira. A súa laboura profesional levouno a cabo en Tui onde tamén mantivo unha comprometida actividade política chegando a ser   alcalde entre  1918 até 1922.  

 Nos anos trinta, un proxecto nacional levouno a Dinamarca para realizar unha investigación sobre o seguro de enfermidade que posteriormente defendeu xerando un amplo debate na clase  médica. Fundou e dirixiu o semanario político satírico La Tetera, no que asinaba co pseudónimo Criticón B.   

 Logo da sublevación do 18 de xullo de 1936 foi detido. Xulgado o 13 de outubro  en Vigo, en consello de guerra por rebelión militar, foi condenado a pena de morte. Fusilárono o 30 do mesmo mes, xunto á Alameda de Tui con Darío Álvarez Limeses.  

 Así pois, desde o Bloque Nacionalista Galego de Tui, consideramos e defendemos que é de xustiza e merecedor, que o novo centro de saúde de Tui, leve o nome do doutor “Alejo Diz Jurado”, un home bo e xeneroso, pola súa laboura e compromiso social co Pobo de Tui, pobo que segue transmitindo ás xeracións máis novas o seu agradecemento das persoas que atendeu e coidou como “médico dos pobres” como así foi e segue sendo popularmente coñecido.

Ningún comentario:

Publicar un comentario