15 de xan. de 2017

CAMPOSANCOS (A GUARDA)

A PALETADA-LACONADA DE SAN AMARO, O PRIMEIRO EVENTO GASTRÓNOMICO DO ANO

Desenvolveuse no Hotel Restaurante El Molino, na praia de Camposancos, e contou con unha participación de 260 persoas

As imaxes reflicten o éxito total do evento
Fotos: José Fernándo Martínez

Ricardo Rodríguez Vicente / Camposancos

 Ainda que a festividade de San Amaro é este domingo día 15 de xaneiro, en Camposancos xa é tradición desde fai bastantes anos, comenzar a celebración da festa do discípulo de San Bieito, con unha boa paletada-laconada. E se o longo de moitas décadas, esa tradición gastronómica tiña lugar no ámeto familiar, desde pouco despois da creación da Comunidade de Montes Veciñais en Mán Común de Camposancos, pasou a ter un carácter popular, sen que iso impida á celebración doméstica que con certeza, terá lugar na práctica totalidade das vivendas de Camposancos, no xantar do mediodía deste domingo. 

 Da convocatoria da Laconada-Paletada de San Amaro, viñéronse ocupando ás sucesivas Xuntas Rectoras da Comunidade de Montes Veciñais en Mán Común de Camposancos. Nesta ocasión, na súa XVIIIª edición, a responsabilidade organizativa correspondeulle o activo equipo humano presidido por José Fernando Martínez Martínez, que adoitou a decisión de desenvolver o evento gastronómico no Hotel Restaurante El Molino, a carón mesmo da praia do Forte - tamén coñecida internacionalmente como praia do Muiño -, establecemento pertencente a unha coñecida familia do pobo de Camposancos, de longa e acreditada traxectoria no sector hostaleiro.

 E como era de agardar, a resposta dos participantes non pudo ser máis satisfactoria, xa que se anotaron 260 persoas para o xantar que tivo lugar este sábado día 14 de xaneiro, desde ás 13:30 horas, no amplo e acolledor comedor do devandito establecemento.

 Previamente, como é costume, os músicos percorreron os principais camiños e rúas do pobo de Camposancos, desafiando á brétema da mañá que entraba polo río. Neste caso foron os xóvenes compoñentes da Charanga Os Zanfonos, de A Guarda, acompañados por membros da Xunta Rectora da Comunidade de Montes, botando ao ar as notas musicais de composicións con inequívoca inspiración galega, o tempo que Mingos Portela Lorenzo, prendía a mecha de algúns foguetes, que non deixaban ningunha dúbida que estamos de festa. A primeira romaría do ano, como dí a tradición. Por certo, que tamén é data para "arrincar á cañota", e mesmo para entonar aquela copla que dí: 


 "San Amaro, maro, 
ten un asubío, 
para asubiarlle 
ás mozas do río."

 Logo dese limiar musical e pirotécnico, viría o intre de dar conta de un abondoso e saboroso xantar, a base de productos do porco (paleta, lacón, cacheira, codillo, costilla, ósos de soán, chourizos,...), patatas do país, verdura, repolo,..., e por suposto, pan, viños (Ribeiro blanco e mencía),  cervexas, refrescos, sobremesas, etc..


 Despois desa suculenta comida, nun ambente gratamente distendido, houbo tempo tamén para o baile, amenizado polo Grupo Ámbar, "ata que o corpo aguante".

 Tamén como é costume, arredor das 19:00 horas, foron servidas tazas de caldo. 

 Dese xeito, o pobo de Camposancos voltou a pór de manifesto, que ademáis de ser xente traballadora, tamén saben organizar eventos deste calibre e disfroitar na compaña dos familiares, amigos e veciños.

ACTOS RELIXIOSOS
 E como tamén é tradición, este domingo día 15 de xaneiro, ás 12:00 h., na igrexa parroquial de Camposancos, terá lugar unha solemne eucaristía, a intención dos devotos de San Amaro, cantada pola Agrupación Coral Polifónica de A Guarda, dirixida por Mari Silda Sánchez Lomba. Esa celebración contará con sermón, e o remate da misa haberá a procesión desde á igrexa o terreiro de San Amaro, con posterior retorno, na que participará o Grupo de Gaitas e Danza Xamaraina, de A Guarda.

 Pola tarde, ás 19:00 horas, haberá misa cantada na honra de San Amaro.

Ningún comentario:

Publicar un comentario