18 de xan. de 2017

A GUARDA

O CIM da Guarda organiza o obradoiro educativo “Violencia de xénero e o novo contexto dixital”   


Infogauda / A Guarda

 O Centro de Información á Muller (CIM) do Concello da Guarda vai levar a cabo o día 19 de xaneiro no IES A Sangriña, un obradoiro educativo que leva por título "Violencia de xénero e o novo contexto dixital" dirixido ao alumnado de 3º e 4º da ESO. Este obradoiro vaise centrar no coñecemento e prevención das novas formas de violencia que xurden no contexto dixital: ciberviolencia de xénero, grooming, sexting,...  

 Esta actividade está subvencionada pola Secretaría Xeral da Igualdade, enmarcada dentro das actuacións da Rede de Entidades Locais contra a Violencia de Xénero, cuxo obxectivo principal é a busca do rexeitamento social e institucional da lacra que supón a violencia contra as mulleres, sensibilizando á poboación e buscando a súa implicación e compromiso real en contra da mesma, fomentando ao tempo modelos alternativos de convivencia baseados no respecto e na igualdade. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario