18 de xan. de 2017

A GUARDA

OS CONTOS CONTADOS VOLVEN A BIBLIOTECA PÚBLICA MUNICIPAL

Este sábado día 21 de xaneiro, cunha xornada adicada a Cervantes e Shakespeare   


Infogauda / A Guarda

 O vindeiro sábado día 21 de xaneiro, a partir das 11:30 horas, celébrase a primeira cita deste ano 2017 cos Contos Contados na Biblioteca Municipal da Guarda. Desta volta, tódolos que se acheguen ata a Biblioteca Pública Municipal poden asistir a unha xornada adicada a homenaxear a figura de dous dos escritores máis recoñecidos e influintes da literatura universal: Cervantes e Shakespeare.  

 Esta será a quinta cita dos Contos Contados deste curso 2016/2017. O primeiro “Contos Contados” da tempada serviu para presentar a Heraldo, a elixida como mascota da Biblioteca; a segunda sesión centrouse na celebración do Samaín e a terceira na figura dos avós. En decembro adicouse unha sesión especial de Contos Contados ao Nadal e nesta ocasión, Contos Contados homenaxea a Cervantes e Shakespeare, dous dos autores máis importantes da Historia da literatura. A xornada contará cun contacontos e, a continuación, realizarase un obradoiro.  

 Dende a Concellería de Cultura convídase ás familias da Guarda a acudir este sábado á Biblioteca nunha data na que os asistentes poderán ampliar os seus coñecementos sobre dous destacadas figuras da literatura como son Cervantes e Shakespearee, dun xeito divertido e ameno, dixo a concelleira de Cultura, Elena Baz Rodríguez .

Ningún comentario:

Publicar un comentario