27 de xan. de 2017

A GUARDA

O PP DA GUARDA MANIFESTA A SÚA SATISFACCIÓN POLO ACORDO PREVIO CA EMPRESA ESTALEIROS CASTRO  

Conchi Ortega relembra: "Que foi o que a nosa vogal na Entidade Local de Camposancos defendeu  no pleno".  

Denuncia unha vez mais o sectarismo deste Concello e da Entidade Local Menor de Camposancos

Así mesmo manifesta o noso desacordo ca actuación do Alcalde Pedáneo, xa que María Jesús Martinez, a nosa vogal na Entidade, tivo noticia pola prensa da sinatura do acordo previo, descoñecendo neste momento os puntos acordados e asinados no día de hoxe

Conchi Ortega Martínez, voceira do Partido Popular da Guarda

Infogauda / A Guarda

 A voceira do Partido Popular da Guarda, Conchi Ortega Martínez, quere facer público a súa satisfacción polo acordo con Estaleiros Castro, que daralle continuidade a súa actividade económica no noso Concello, en terreos da Entidade Local Menor de Camposancos. Sempre é boa noticia que se manteña o emprego e incluso pódase aumentar no futuro.  

 O mesmo tempo quere apoiar o traballo de María Jesús Martínez Martínez, a vogal do Partido Popular na Entidade Local Menor de Camposancos, a prol deste acordo, xa que no pleno da Entidade Local Menor de Camposancos, soio ela votou a favor do acordo e en contra do desafiuzamento da Empresa. Entendemos que actividade empresarial e o mantemento dos postos de traballo estaban por encima de outras moitas consideracións.  

 O tempo - engade Conchi Ortega - lle deu a razón a nosa vogal, aínda que o Alcalde Pedáneo, non gardou as formas chamando os partidos da oposición, precisamente os que pediron e forzaron o acordo, para informarlles deste documento asinado.  

 A voceira do Partido Popular afirma: “Non saben gardar as formas, nin a lealdade institucional, facendo bandeira do sectarismo que implica que só avisan as vogais do Partido Socialista, como se pode ver na foto que sae na prensa local”.   

 Por todo isto, Conchi Ortega considera que unha vez mais tanto o Alcalde Pedáneo como o Alcalde de A Guarda, non souberon estar a altura das circunstancias.  

 “Eu mesma chamei ao Alcalde de A Guarda, un día antes do pleno da Entidade Local Menor para que pedise o Acordo, e traballase porque a Entidade apoiase a actividade económica, en vez de seguir enrocada esta situación como estaba, polo empecinamento do Alcalde Pedáneo, pero non obtiven resultado positivo naquel momento. A contestación do Alcalde de A Guarda non a vou a facer pública por lealdade institucional, algo do que carecen ambos mandatarios guardeses, como amosaron hoxe”, conclúe a voceira do Partido Popular no Concello da Guarda.    

Ningún comentario:

Publicar un comentario