31 de xan. de 2017

A GUARDA

O PARTIDO POPULAR DA GUARDA PIDE AO CONCELLO QUE INFORME AOS VECIÑOS

Sobre o novo regulamento do lixo 

Os populares propoñen que publiquen un especial do Boletín de Información Guardés con todas as novidades, como por exemplo, os novos horarios de depósito do lixo e as multas por incumprimento. 




Infogauda / A Guarda

 O Partido Popular da Guarda pide ao goberno municipal que ofreza maior información aos veciños sobre o novo regulamento do lixo que entrou en vigor o pasado 30 de decembro. Así, propoñen que se publique un especial do Boletín de Información Guardés, onde se dea a coñecer de xeito didáctico o contido deste novo regulamento, como por exemplo, cales son os novos horarios para depositar o lixo e que multas conlevará o seu incumprimento, e que se encargue aos profesionais locais a creación de un cartel informativo con todos os datos máis relevantes”, así como ven de facer público Conchi Ortega Martínez, portavoz do Partido Popular da Guarda.  

 Segundo pudo saber este xornal dixital, a proposta do PP da Guarda será dada a coñecer a través de unha moción que defenderán o xoves no pleno municipal e na que, ademais, tamén suxiren que se habiliten paneis en diferentes lugares do municipio para a pegada de carteis, e así evitar a proliferación de publicidade no mobiliario público.   

 Conchi Ortega, recorda que o PP votou en contra deste regulamento porque só se lexislan as esixencias dos cidadáns e as sancións, e se esquece de recoller cales son as obrigas do concello, como por exemplo, a limpeza do contedores de lixo ou a frecuencia da recollida. Ademais, tampouco inclúe a obriga de manter os espazos públicos en perfecto estado de salubridade e seguridade. Así, a concelleira popular lamenta que este documento saíse aprobado sen atender ningunha das alegacións que presentaron os grupos da oposición e que, polo menos no caso dos populares, atendían algunhas das demandas dos propios veciños.  

 Ademais, Conchi Ortega critica que “a pesar de que leva un mes en vigor, os veciños descoñecen cal é o seu contido, polo que dificilmente poderán cumprir coa norma e, o peor de todo, corren o risco de ser sancionados aínda sen saber que están facendo algo mal”. Como exemplo, apunta que posiblemente descoñezan que se lles vai cobrar cando leven ao Punto Limpo máis de dous capachos con restos de obra.

Ningún comentario:

Publicar un comentario