27 de out. de 2016

A GUARDA

A Consellería do Mar inicia as obras de reforma da lonxa e habilitación de espazos para a Confraría de pescadores da Guarda 

Inviste 43.000 euros na adecuación das instalacións da rula para o uso do sector profesional e medidas de aforro enerxético

O presidente do ente público, José Juan Durán, visitou esta mañá a zona para comprobar o desenvolvemento da obra na que se investirán 43.000 euros 
Foto: X. de G.


Infogauda / A Guarda

 A Consellería do Mar vén de iniciar as obras de reforma do edificio da lonxa do municipio pontevedrés da Guarda e habilitará unha zona para uso da confraría de pescadores da localidade. O presidente do ente público, José Juan Durán, visitou esta mañá a zona para comprobar o desenvolvemento da obra na que se investirán 43.000 euros cun prazo de execución de dous meses.
 Os traballos consisten na adecuación das instalacións da lonxa para o uso do sector profesional da Guarda, así como a renovación de elementos en cumprimento da normativa de aforro enerxético. En concreto, a actuación incluirá a habilitación dunha sede administrativa para 6 traballadores da confraría de pescadores e unha ampliación de espazos de 45 a 61 metros cadrados.
 Con estes traballos, a Consellería do Mar pretende impulsar a centralización e unificación de servizos, tanto da lonxa como da confraría, así como dinamizar a actividade da rula. Así mesmo, contribúese tamén a dotar de maior accesibilidade e visibilidade a actividade da confraría e minimízanse os gastos cun mellor aproveitamento dos recursos ao unificar servizos e instalacións de lonxa e confraría.

MOVEMENTOS SOCIAIS.

"Non permitiremos que Carlos e Serafín entren en prisión" 


Vigo, 27/10/16


Iimaxes da concentración decorrida diante da farola de Príncipe


CIG-Vigo

 "Non permitiremos que Carlos e Serafín entren en prisión". Alberte Gonçalves, secretario da CIG-Vigo, realizou estas declaracións, dirixidas ao novo goberno do PP, no remate da concentración da tarde deste xoves en demanda do indulto para os dous traballadores.

 Decraracións íntegras neste vídeo.

CAMINHA

Câmara quer compensar comunidade piscatória do abandono a que foi votada no passado

Obra no Cais da Rua avança de imediato se a respetiva candidatura for aprovada


Infogauda / Caminha

 A Câmara Municipal espera uma resposta positiva em relação à candidatura apresentada para uma profunda intervenção no Cais da Rua. A decisão será conhecida dentro de algumas semanas e, se a expectativa se concretizar, a obra avança de imediato. Como frisou Miguel Alves na reunião descentralizada de ontem, "a comunidade piscatória foi abandonada, nos últimos anos, no concelho de Caminha" e é tempo de inverter esta situação. Em causa está uma obra orçada em 800 mil euros, que obrigará a um esforço financeiro do Município ainda considerável, mas cuja prioridade é absoluta.  

 A última reunião descentralizada da segunda ronda pelas freguesias decorreu ao final da tarde de ontem, na sede dos Bombeiros Voluntários de Caminha, respeitando à freguesia de Caminha (Matriz) e Vilarelho. O pescador Augusto Porto foi um dos munícipes que interveio, para expor as suas preocupações sobre a pesca no Rio Minho. Também o presidente da Junta de Freguesia, Miguel Gonçalves, se tinha referido à pesca, lembrando que quase nunca foi tratada devidamente no concelho e "os pescadores estiveram longos anos esquecidos".  

 Em resposta, presidente e vice-presidente da Câmara foram perentórios: a pesca é essencial à economia concelhia, diferencia-nos e tem de ser apoiada, para além das várias intervenções que têm sido feitas.  


 Miguel Alves sublinhou que o abandono a que foram votados os pescadores no passado, assim como os erros cometidos, são questões que este Executivo não admite. "Quando cheguei mandei fazer um projeto para o Cais da Rua, ouvindo os pescadores e a Capitania. Chamei cá o secretário de Estado das Pescas, sem dar nota disso, e sensibilizei-o. Não se pode cometer em Caminha o mesmo erro que se cometeu em Vila Praia de Âncora, onde o Estado pagou uma grande obra, mas onde não foram ouvidos os pescadores", com as consequências que se conhecem, a obrigar a obras constantes, estando já prevista mais uma ação de desassoreamento orçada em meio milhão de euros. 

 O presidente lamentou ainda que o projeto encomendado pelo anterior Executivo para a marginal de Caminha ignorasse o Cais da Rua, e isso, frisou, foi mais uma atitude de abandono em relação aos pescadores - "nem o projeto para o Cais se fez".  

 Agora, a poucas semanas de se conhecer a decisão sobre a candidatura, o presidente da Câmara avisou que não se importará com críticas e, tratando-se de um ano eleitoral, a obra avançará mesmo em 2017, caso, como espera, a candidatura seja aprovada, porque já se perdeu demasiado tempo.  Miguel Alves lembrou também que, ao chegar à Câmara no início deste mandato, encontrou uma situação terceiro-mundista no acesso dos pescadores às embarcações: "o que fizemos foi colocar escadas de acesso às embarcações - os pescadores antes tinham que escorregar pela marginal e foram muitas as quedas por causa disso".  

 Além disso, recordou, foram feitas várias intervenções: "recuperamos o cais de atracação da Foz do Minho; pusemos um ponto de água nos Estaleiros do Quintas como era pedido há anos; recuperámos já a rampa existente no cais da vila e vamos fazer uma segunda intervenção para a prolongar junto à areia".  

 Também em resposta a Augusto Porto, o vice-presidente, Guilherme Lagido, tinha já dito que o concelho, tal como o conhecemos, "é impensável sem a pesca", salientando o modo como condiciona positivamente a restauração e o turismo.

SANIDADE

A Xunta implantará nos hospitais Álvaro Cunqueiro de Vigo e no Lucus Augusti de Lugo un sistema de localización e guiado de pacientes mediante unha aplicación móbil 

Feijóo afirma que esta aplicación incorpora funcións como organizar a ruta do usuario sanitario ata o centro unha vez que pide unha cita médica; guiar ao usuario ata a sala de espera correspondente; ou compartir cos contactos do móbil que tamén usan a aplicación a posición dentro do hospital

Indica que o sistema empregado para darlle soporte incorpora varias innovacións tecnolóxicas, como un sistema de localización de alta precisión e tamén un sistema de cartografía de edificios cos mapas internos dos hospitais 

Precisa que para o desenvolvemento desta aplicación e de todos os sistemas necesarios para o seu funcionamento investíronse uns 315.000 euros, estimándose que en cada hospital extra no que se poña en marcha haberá que destinar entre 10.000 e 25.000 euros en función do tamaño dos centros e nos centros de saúde un custo base de 200 euros tamén ampliable en función das dimensións  

Sinala que actualmente esta aplicación estana probando grupos de usuarios para validar o seu correcto funcionamento e está previsto que a finais de novembro se faga accesible a toda a cidadanía para empregar xa nos centros Lucus Augusti e no Álvaro Cunqueiro

O presidente da Xunta en funcións, Alberto Núñez Feijóo
Foto: X. de G.


Infogauda / Santiago de Compostela

 O presidente da Xunta en funcións, Alberto Núñez Feijóo, avanzou hoxe que o Goberno galego vai implantar nos hospitais Álvaro Cunqueiro de Vigo e no Lucus Augusti de Lugo un sistema de localización e guiado de pacientes mediante unha aplicación móbil, que estará dispoñible para dispositivos que empreguen Android ou iOS de Apple.
 Como subliñou o titular do Goberno galego en funcións, esta aplicación incorpora as seguintes funcións: organiza a ruta do usuario sanitario ata o centro unha vez que pide unha cita médica; guía ao usuario ata a sala de espera correspondente e asígnalle a quenda de consulta, de modo que aforra o paso polo mostrador no hospital; proporciona información sobre servizos como cafetería ou quioscos dentro e fóra do hospital; permite compartir cos contactos do móbil que tamén usan a aplicación a posición dentro do hospital.
 O presidente da Xunta en funcións explicou que o sistema empregado para darlle soporte incorpora varias innovacións tecnolóxicas, como un sistema de localización de alta precisión e tamén un sistema de cartografía de edificios cos mapas internos dos hospitais, ao que se poden incorporar todos os edificios do Sergas. Neste senso, precisou que se comezará polos centros hospitalarios de Vigo e Lugo e o servizo incorporarase proximamente tamén ao de Verín, ao edificio administrativo de San Lázaro e a 20 centros de saúde.
 Para o desenvolvemento desta aplicación e de todos os sistemas necesarios para o seu funcionamento investíronse uns 315.000 euros. Nesta liña, calcúlase que en cada hospital extra no que se poña en marcha haberá que investir entre 10.000 e 25.000 euros en función do tamaño dos centros e, no que atinxe aos centros de saúde, estímase un custo base de 200 euros tamén ampliable segundo o tamaño.
 Feijóo indicou que actualmente esta aplicación estana probando grupos de usuarios para validar o seu correcto funcionamento e está previsto que a finais de novembro se faga accesible a toda a cidadanía para empregar xa nos centros Lucus Augusti e no Álvaro Cunqueiro.
 Como incidiu o xefe do Executivo galego en funcións, unha das maiores oportunidades das que dispoñemos a día de hoxe para mellorar a sanidade pública son as tecnoloxías da información e a comunicación. Por iso, é unha liña que a Xunta está a explorar a través de programas que contan con financiamento europeo como o Innova Saúde e o Hospital 2050. Así, no vindeiro período dos fondos Feder, investiranse 25 millóns que se destinarán exclusivamente a aplicacións informáticas sanitarias.

TOMIÑO

O Concello procederá a arranxar varios camiños municipais dentro do PLAN MARCO: Mellora de camiños municipais de acceso a explotacións agrarias 2016

 O Concello de Tomiño vén de recibir da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER), unha subvención de 68.967,78 euros, para o desenvolvemento do proxecto “MELLORA DE CAMIÑOS MUNICIPAIS DE ACCESO A
 EXPLOTACIÓNS AGRARIAS: CAMIÑO SAN LOURENZO E CAMIÑO TOLLO, en Goián, CAMIÑO LAGO, en Figueiró, e CAMIÑO DE A GÁNDARA, en Barrantes”.
 Como AGADER non subvenciona o IVE (de acordo co disposto nos termos previstos no artigo 13, liña 1 da Directiva  2006/112/CE do Consello), o Concello de Tomiño achegará o importe correspondente a esta taxa.
 Por resolución da Alcaldía, do día 5 de xullo de 2016, aprobouse o expediente de contratación por procedemento negociado sen publicidade previa, con tramitación ordinaria, e invitouse a participar ás seguintes empresas: COVSA, CALDEVERGAZO, SL, NAROM,SL, INNTIS INGENIEROS CONSTRUCTORES, SL e ORESA, SL.
 O 2 de setembro de 2016, adxudicouse a execución do proxecto a CONSTRUCCIÓNES, OBRAS Y VIALES, SA (COVSA),  por ser no seu conxunto, a oferta máis vantaxosa para o interese público, ao obter a mellor puntuación (100 puntos) por importe total de 75.114,25 €.

Antecedentes
 Por resolución do 25 de xaneiro de 2016 da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER) (RE nº 688 de 3 de febreiro de 2016), aprobouse o Plan Marco: mellora de camiños municipais de acceso a explotacións agrarias 2016, cofinanciado con FEADER ao abeiro do PDR de Galicia 20014-20203, e anunciouse a convocatoria para o período 2014-2015.
  Por Resolución da Alcaldía de 3 de marzo de 2016, acordouse a solicitude de subvención por importe de 68.967,78 euros.
 O 14 de xuño de 2016 tivo entrada co núm. 3.864, no Rexistro Xeral do Concello de Tomiño, a notificación da Resolución de Concesión da Subvención do expediente PM16-0304302A-0083, do proxecto de “MELLORA DE CAMIÑOS MUNICIPAIS DE ACCESO A EXPLOTACIÓNS AGRARIAS: CAMIÑO SAN LOURENZO E CAMIÑO TOLLO, en Goián, CAMIÑO LAGO, en Figueiró, e CAMIÑO DE A GÁNDARA, en Barrantes” cun orzamento total aceptado de 68.967,78 euros (S/IVE).
Porcentaxe investimento (por organismo cofinanciador)
FEADER: (75,00%)
AGADER: (17,50%)
MARM: (7,50%)
O importe do IVE (21,00 %) é financiado polo Concello de Tomiño.

PONTEVEDRA

Preto de 1.200 persoas de 10 concellos da provincia participan esta fin de semana no programa "En ruta coa Depo" 

En total 19.000 persoas gozan, a través desta iniciativa, de alternativas de lecer dinámico e saudable para coñecer lugares emblemáticos da provincia 

Teares no Museo Etnografico Casa do Patrón, de Lalín
Foto: Infogauda

Infogauda / Pontevedra

 "En ruta coa Depo", programa da Deputación de Pontevedra xestionado a través do Servizo de Cohesión Social e Xuventude, organiza para esta fin de semana novas saídas pola provincia, nas que van participar preto de 1.139 persoas pertencentes a asociacións dos concellos da Guarda, de Ponteareas, Vigo, Caldas, Poio, Vilagarcía de Arousa, Marín, Meaño, Mos e Baiona.  

 En concreto, nas rutas desta fin de semana participarán a Asociación Avelaíña e a Asociación de Recuperación do Traxe Galego (A Guarda); a Asociación de veciños San Gregorio de Guillade de Ponteareas; Asociación de veciños do Calvario, AVCR San Mamede de Zamáns, Asociación de Antigos Alumnos de Don Bosco, Asociación Xaruma, Asociación de Xubilados e Pensionistas Avoa e A.V. de Novo Vigo de Vigo; Asociación de Xubilados e Pensionistas Caldenses de Caldas de Reis; Centro Social do Concello de Poio; Asociación Mulleres Rurais e Consumidores de Trabanca Sardiñeira e AA.MM.RR. de Fontecarmoa de Vilagarcía de Arousa; Asociación Cultural Comparsa Chan do Bosque e Asociación Sociocultural Malvela de Mos; ANPA Aidon de Marín; Asociación Mulleres Rurais A Telleira de Pena de Meaño e Centro Social e Cultural de Baíña de Baiona.  

 Estas asociacións realizarán rutas polo concello de Catoira, Vilagarcía de Arousa e Cuntis; visitarán os museos de Lalín e o complexo arqueolóxico aldea de Codeseda; percorrerán Meis e Ribadumia; achegaranse a Silleda para coñecer o Mosteiro de Carboeiro, a fervenza do Toxa, castros e un taller de zocos; visitarán Cambados e Ribadumia; percorrerán o conxunto histórico do Grove e realizarán un paseo en barco pola ría de Arousa; achegaranse ata a illa de San Simón e visitarán Redondela e visitarán Pontevedra para percorrer a senda polo Río Lérez e o Apípolis e en Marín a Granxa de Briz e o lago Castiñeiras.  

 "En Ruta coa Depo" é un programa da Deputación de Pontevedra que propón alternativas de lecer dinámico e saudable pretendendo mellorar a participación, a convivencia e a cohesión social dos distintos colectivos sociais da provincia de Pontevedra. Ofrecense case vinte rutas distintas por lugares emblemáticos da provincia con distintos tipos de propostas para todos os públicos: rutas dinámicas e activas para a xente máis moza, rutas interxeracionais para Anpas e familias, rutas adaptadas para persoas con mobilidade reducida, rutas marítimas e rutas por enclaves singulares. Este programa, xestionado a través do Servizo de Cohesión Social e Xuventude, vai permitir que, ata finais de ano, máis de 19.000 persoas coñezan mellor a provincia. Invístese un total de 238.500 euros nesta iniciativa.

PONTEVEDRA

Aberto o prazo de inscrición para o I Festival de Curtametraxes sobre o Patrimonio Arqueolóxico de Pontevedra 

O 10 de novembro rematará o prazo para participar neste Festival que contempla premios por un importe total de 10.000 euros 


Infogauda / Pontevedra


 'Telearqueoloxía', o I Festival de Curtamentraxes sobre o Patrimonio da provincia de Pontevedra mantén aberto o prazo de inscrición de curtas ata o vindeiro 10 de novembro. Hai que lembrar que este Festival contempla premios en dúas categorías, adultos e menores de idade, que suman un total de 10.000 euros. Así, o primeiro premio da 'Categoría Bifaces' -maiores de 18 anos- contempla unha dotación de 3.000 euros, o segundo 2.000 e o premio do público 1.500 euros. Na 'Categoría Lascas' -entre 12 e 18 anos-, o primeiro premio está dotado con 1.500 euros, o segundo con 1.250 e o premio do público con 750 euros. Nesta categoría as curtas presentadas a concurso deben ter un máximo de 5 minutos de duración, mentres que na categoría Bifaces a duración máxima é de 15 minutos.  

 Este Festival de vídeo-investigación sobre o patrimonio arqueolóxico fora presentado o pasado mes de maio, data na que iniciou o seu percorrido por distintos puntos da provincia con obradoiros informativos e formativos tanto en centros escolares como en concellos e entidades relacionadas coa arqueoloxía. Contou ademais coa colaboración de persoas físicas relacionadas con este ámbito, como docentes e investigadores.  

 Entre os meses de maio e xullo realizáronse un total de 17 obradoiros informativos sobre o proxecto, nos que colaboraron 24 entidades e 33 persoas físicas. Entre as entidades colaboradoras  destacan concellos como os da Guarda, Ponte Caldelas, Vigo, Ponteareas, O Grove, Valga, Lalín, Sanxenxo e Oia; e museos como o Quiñones de Leon, o Verbum, o Museo do Mar de Vigo, o Museo Arqueolóxico do Monte Santa Trega, o Museo Massó, o Museo da Historia de Valga e o Museo Municipal de Ponteareas. Tamén colaboraron o Consello da Cultura Galega, o Instituto de Ciencias do Patrimonio da USC, a Escola de Cantería, a Fundación Terra Termarun de Cuntis, o Instituto de Estudios Miñoranos,  o Centro Arqueolóxico de Tourón en Ponte Caldelas, e o Parque Arqueolóxico da Arte Rupestre de Campo Lameiro. 

 Entre as persoas físicas que colaboraron nestes obradoiros atópanse investigadores, docentes e profesionais do ámbito da historia, da arqueoloxía, das ciencias sociais e da comunicación como o xornalista Manuel Gago, o historiador Antonio Presas, o especialista en conservación e restauración do patrimonio arqueolóxico Fernando Carrera, o antropólogo Buenaventura Aparicio Casado, ou a dinamizadora cultural María Martín.  

 Mentres, nos centros educativos realizáronse obradoiros formativos nos meses de setembro e outubro, tanto de investigación arqueolóxica como de vídeo-investigación. Nestes obradoiros traballouse sobre como realizar unha investigación, a través de casos prácticos de investigacións arqueolóxicas, e como crear e editar as investigacións en formato dixital. Na comarca de Pontevedra, partiparon un total de 7 centros de ensino: os IES Xunqueira I e II, o CIFP Carlos Oroza, o CP Sagrado Corazón de Jesús, o IES Frei Martín Sarmiento, o IES de Ponte Caldelas, e o IES de Cotobade. Na comarca de Caldas participaron o IES de Valga e o IES Aquis Celenis de Caldas. Na de Vigo participaron o IES Álvaro Cunqueiro e o CPR Miralba; na do Salnés o IES Ramón Cabanillas e o IES Francisco Asorey, ambos de Cambados; na comarca do Condado participou o IES de Salvaterra do Miño; na do Baixo Miño o IES A Sangriña da Guarda; e na do Deza o IES Marco do Camballón de Vila de Cruces.  

 Os traballos de vídeo-investigación deben inscribirse a través dunha ficha que pode descargarse na páxina web deste proxecto ou ben remitir a curtametraxe a través da plataforma Movibeta.  

 Cada participante poderá presentar tantos traballos como desexe, que deberán levar obrigatoriamente un título, que debe ser o mesmo que debe constar na ficha de inscrición. Os nomes que figuren na ficha de inscrición tamén deberán ser os mesmos que figuren nos títulos de crédito das obras presentadas.  

 As curtametraxes presentadas deberán ter como obxectivo comunicar o resultado ou o proceso dunha investigación sobre o patrimonio arqueolóxico no que teña especial protagonismo o patrimonio presente na provincia de Pontevedra ou nos fondos do Museo de Pontevedra. Todos os traballos  deberán ser en idioma galego e deberán incluír subtítulos en inglés.   

 Unha vez rematado o prazo de recepción de traballos, conformarase o correspondente xurado que procederá á valoración das curtas. Finalmente, entre os días 14 e 16 de decembro, daranse a coñecer os e as gañadoras e realizarase a entrega dos premios correspondentes.

SANIDADE

Urxencias do Cunqueiro sofre novos recortes de persoal 

CIG-Saúde alerta de que a chegada do inverno agravará a situación de sobrecarga no servizo 

Urxencias Hospital Álvaro Cunqueiro (Vigo)
Foto: CIG

Infogauda / Vigo

 A falta de cobertura de prazas estruturais e a desorde organizativa no SERGAS incide de forma particularmente lesiva en Urxencias do Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo, segundo denuncia a CIG-Saúde. Desta volta, a transferencia dunha auxiliar de enfermaría (TCAE) desde observación a boxes agrava a sobrecarga dun servizo con ratios de doentes que mesmo duplican, no caso das auxiliares, os recomendados.  

 O caos organizativo provocado pola dirección do SERGAS, que tenta cubrir constantemente “con parches” as insuficiencias de persoal, está a repercutir nunha notábel diminución na calidade asistencial, incrementando a saturación de servizos tan esenciais como os de Urxencias. 

 É o que vén de suceder no Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo, onde a transferencia dunha auxiliar de enfermaría TCAE desde a área de observación á de boxes agrava unha situación xa de por si complicada. O persoal denuncia que, de feito, os ratios de auxiliares por doente son moi superiores aos recomendados pola Sociedade Española de Enfermaría de Urxencias, que indica que debe existir unha relación de seis a un, mentres que no servizo diurno chegan a dez, e no nocturno mesmo a quince.  

 Segundo explican desde a CIG-Saúde, existe un “círculo vicioso” no que, para evitaren novas contratacións, se recorre a recortar en determinadas campos para paliar outros. Na área de observación de Urxencias xa non se dá cuberto o inxente traballo co persoal que hai, e restándolle unha auxiliar “diminúen a calidade asistencial”, agravando a situación no departamento.  

 Asemade, os prolongados tempos de espera para ingresos, consecuencia dos recortes, precisarían de maior continuidade nos coidados, e por tanto de máis persoal TCAE, que é precisamente onde o SERGAS diminúe efectivos. En todo o proceso xérase, por se fora pouco, unha situación de estrés no persoal ao non dar cuberto todas as tarefas.  

A dirección desenténdese  
 A Xerencia do Álvaro Cunqueiro, en resposta á demanda formulada pola CIG-Saúde, “non aclarou nada” en relación ás necesidades concretas da categoría de auxiliar de enfermaría en Urxencias.  

 Unha sobrecarga que coa chegada da estación invernal, do ciclo de gripes e da descompensación de crónicos acentuará os problemas dun servizo para o que se demanda un incremento en efectivos, e non o desmantelamento ao se ve abocado en base ás decisións do SERGAS.  

 Neste sentido, o persoal auxiliar iniciará estes días unha campaña de denuncia e información aos doentes, acompañada dunha recollida de sinaturas que procura a rectificación do organismo público.

CAMINHA

CINEMA

Esta sessão será efectuada no Teatro Valadares 

Boletim da Sessão nº 268 

"Spider" de David Cronenberg (2002) 

Ciclo Cinema e Saúde Mental em parceria com o Departamento de Psiquiatria e Saúde Mental da ULSAM


Locus Cinemae / Caminha

 De tanto explorar os recônditos doentios da mente humana, o cineasta canadense David Cronenberg parece cada vez mais à vontade em suas viagens pela psique. Scanners, Videodrome, A Hora da Zona Morta, A Mosca são títulos que lhe valeram, nos anos 80, a alcunha de mestre do horror psicológico. A partir de Gêmeos: Mórbida Semelhança, seu cinema ganhou uma sofisticação estética que de certa forma foi rompida pelo experimentalismo de Crash: Estranhos Prazeres e eXistenZ. Com Spider, ele volta a causar estranhamento, mas desta vez por motivo inverso: o filme é de um formalismo inédito na obra de Cronenberg, mas na essência seu cinema está ali, reconhecível em estado bruto.

FICHA TÉCNICA:
Título original:   “Spider ”, Canadá/Reino Unido/França, 2002
Realização: David Cronenberg
Produção: Catherine Bailey, David Cronenberg, Samuel Hadida
Argumento: Patrick McGrath, David Cronenberg
Música: Howard Shore
Guarda-roupa: Denise Cronenberg, Brenda Gilles
Montagem: Ronald Sanders
Duração: 98 minutos
FICHA ARTÍSTICA:
Ralph Fiennes — Dennis “Spider” Cleg
Miranda Richardson — Yvonne / Sra. Cleg / Sra. Wilkinson
Gabriel Byrne — Bill Cleg
Bradley Hall — Spider – jovem
Lynn Redgrave — Sra. Wilkinson
John Neville — Terrence
Gary Reineke — Freddy
Philip Craig — John


Sexta-feira, 28 de outubro às 21:45 no Teatro Valadares de Caminha


Programação:
 

NOVEMBRO 2016 

Ciclo Grandes Atores e Atrizes

04 de Novembro, “O Cowboy da Meia-Noite”, John Schlesinger, 1969, EUA, Sessão 269 (M/16)
11 de Novembro, “O Pequeno Grande Homem”, Arthur Penn, 1970, EUA, Sessão 270 (M/12)
18 de Novembro, “Alma em Suplício”, Michael Curtiz, EUA, 1945, Sessão 271 (M/16)
25 de Novembro, “Que Teria Acontecido a Baby Jane?”, Robert Aldrich, EUA, 1962, Sessão 272 (M/12)
 

DEZEMBRO 2016 
Ciclo Cinema e Música
 

02 de Dezembro, “O Cantor de Jazz”, Alan Crosland, 1927, EUA, Sessão 273 (M/12)
09 de Dezembro, “Gigi”, Vincente Minnelli, 1958, EUA, Sessão 274 (M/12)
16 de Dezembro, “My Fair Lady”, George Cukor, EUA, 1964, Sessão 275 (M/12)
23 de Dezembro, “Um Retrato de Woody Allen”, Barbara Kopple, EUA, 1997, Sessão 276(M/6)
30 de Dezembro, “Walk The Line”, James Mangold, EUA, 2005, Sessão 277(M/12)



VIGO

CONCENTRACIÓN PARA ESIXIR O INDULTO OS TRABALLADORES CARLOS E SERAFÍN

Este xoves día 27 de outubro, ás 19:30 h., na farola de Urzáiz (Vigo)



Infogauda / Vigo

CIG, UGT e CCOO convocan unha nova concentración para esixir o indulto de Carlos e Serafín, traballadores aínda pendentes do indulto gubernamental para non ingresaren en prisión.  

Data: xoves 27 de outubro 
Hora: 19:30h 
Lugar: farola de Urzáiz