27 de out. de 2016

A GUARDA

A Consellería do Mar inicia as obras de reforma da lonxa e habilitación de espazos para a Confraría de pescadores da Guarda 

Inviste 43.000 euros na adecuación das instalacións da rula para o uso do sector profesional e medidas de aforro enerxético

O presidente do ente público, José Juan Durán, visitou esta mañá a zona para comprobar o desenvolvemento da obra na que se investirán 43.000 euros 
Foto: X. de G.


Infogauda / A Guarda

 A Consellería do Mar vén de iniciar as obras de reforma do edificio da lonxa do municipio pontevedrés da Guarda e habilitará unha zona para uso da confraría de pescadores da localidade. O presidente do ente público, José Juan Durán, visitou esta mañá a zona para comprobar o desenvolvemento da obra na que se investirán 43.000 euros cun prazo de execución de dous meses.
 Os traballos consisten na adecuación das instalacións da lonxa para o uso do sector profesional da Guarda, así como a renovación de elementos en cumprimento da normativa de aforro enerxético. En concreto, a actuación incluirá a habilitación dunha sede administrativa para 6 traballadores da confraría de pescadores e unha ampliación de espazos de 45 a 61 metros cadrados.
 Con estes traballos, a Consellería do Mar pretende impulsar a centralización e unificación de servizos, tanto da lonxa como da confraría, así como dinamizar a actividade da rula. Así mesmo, contribúese tamén a dotar de maior accesibilidade e visibilidade a actividade da confraría e minimízanse os gastos cun mellor aproveitamento dos recursos ao unificar servizos e instalacións de lonxa e confraría.

Ningún comentario:

Publicar un comentario