15 de mar. de 2016

O ROSAL

ACTIVIDADE DE EDUCACIÓN E SENSIBILIZACIÓN AMBIENTAL


ANABAM e A Jalleira Afea co-organizan unha limpeza da costa que se celebrará o vindeiro día 20 de marzo


Manuel Ángel Pombal Diego / O Rosal

 Este ano a Asociación Naturalista "Baixo Miño" (ANABAM) xunto coa Asociación Forestal e de Educación Ambiental A Jalleira AFEA co-organizan unha limpeza da costa como actividade de educación e sensibilización ambiental, aberta á participación de todas aquelas persoas que queiran colaborar, tanto en grupo como de forma individual. A acción desenvolverase nos arredores de Portecelo (concello de O Rosal) o vindeiro domingo 20 de marzo a partir das 10.00 h, tendo como punto de encontro a explanada que hai en Portecelo, a carón da estrada Baiona-A Guarda (ver situación e coordenadas no mapa que se adxunta). 

 Esta actividade enmárcase tamén dentro das actividades da edición número 21 do Programa “Iniciativas Oceánicas” desenvolvido pola “Surfrider Foundation Europe”, que este ano ten por lema “Ningún respiro ao lixo” (sendo lema local da nosa actuación “Por un mar de futuro”). A SurfriderFoundation é unha asociación de protección do litoral que ven organizando cada ano máis de 1.000 operacións de limpeza ao longo de toda a costa europea centradas maioritariamente na primeira fin de semana da primavera.

 Cumpre salientar que arredor de 6,6 mil millóns de quilos de residuos chegan ao medio mariño cada ano, dos cales aproximadamente o 80% son de orixe terrestre, sendo os seres humanos os únicos culpables; polo tanto, somos nós quen temos que tomar medidas. Unha delas é participar activamente neste tipo de accións de sensibilización ambiental, accións que se poden desenvolver en familia. 
 Anímate e participa!
 Prégase que toda persoa interesada en participar nesta acción de sensibilización ambiental se rexistre a través dos seguintes enderezos de correo electrónico: anabam.anabam@gmail.com
ajalleira@gmail.com
ou 
pombal@uvigo.es

indicando o número de persoas que van a participar e o seu nome completo. Nestes enderezos electrónicos tamén se pode solicitar máis información.

 Lembra traer calzado e roupa cómoda (e vella). Hai que ter en conta que haberá que andar polas rochas do supralitoral. Tamén podes traer as túas luvas para recoller o lixo, aínda que a organización terá luvas dispoñibles de dous ou tres tamaños. Tamén haberá tinóns e sacos para facilitar a recollida do lixo e o seu posterior almacenamento. Trataremos de separar o material recollido en catro categorías; plásticos, vidro, metais (latas e chatarra)  e papel; ademais tentaremos separar todo aquilo que poida ser reutilizado dentro da campaña que ven desenvolvendo ANABAM dende fai máis de 7 anos, como poden ser boias, cortizas, cordas, etc., aparte dos tapóns plásticos que serán destinados aos proxectos de Banta (banco de tapóns con sede no concello de Tomiño). Toda esta información será fornecida á Surfrider Foundation Europe dentro do informe final da actividade.

 O programa ten como obxectivo reducir os residuos mariños desde a súa orixe, residuos que son orixinados polos humanos, que os abandona voluntaria ou involuntariamente en terra firme e no mar e que entran directa ou indirectamente no medio acuático. A maioría do lixo mariño afúndese no mar, mentres que o resto queda flotando na auga ou ben arrastrado cara ás praias e ribeiras. Cumpre sinalar que nas iniciativas oceánicas do ano 2015 participaron 48.886 persoas, das cales 19.445eran escolares, repartidas en 1.184 recollidas realizadas en máis de 30 países. En total recolléronse 2.136,72 m3 de residuos.

 O concello de ORosal colabora con nós encargándose de retirar as bolsas de lixo recollidas durante o desenvolvemento desta actividade nos arredores de Portecelo. Por outra banda, a confraría da Guarda tamén colabora subvencionando os carteis que anuncian esta actividade.

 Ao remate da actividade, entregarase algún agasallo a todos os participantes.

 A continuación, engadimos a nota de prensa para as Iniciativas Oceánicas 2016 da European Surfrider Foundation:

NO BREAK FOR TRASH! NINGÚN RESPIRO AO LIXO!

 Cada vez son máis as que veranean na costa. Ocupan as nosas praias e fondos mariños á vez que contaminan o entorno. É o LIXO MARIÑO. Non o deixemos gozar das súas vacacións no mar. Non lle demos ningún respiro! ¡No break for trash!

 O programa de voluntariado “Ocean Initiatives” (Iniciativas Oceánicas) pretende dar a coñecer o alcance desta contaminación cada vez máis crecente, en particular a “plastificación” dos océanos. Segundo un estudio publicado en 2014 cerca de 270.000 toneladas de plástico flotan nos nosos océanos, é dicir, 5 billóns de anacos de plástico. O que máis nos preocupa é que o 90% do plástico mariño acaba converténdose en micropartículas (tamaño inferior a 4,75 mm), o cal facilita que estas pasen a formar parte da cadea alimentaria - fenómeno de biomagnificación-.

 Hai que recoñecer que nos últimos anos estánse dando pasos para a redución da contaminación polo lixo mariño, como reflicte a Normativa Europea sobre a Redución do Consumo de Bolsas de Plástico Lixeiras ou a Directiva Marco sobre a Estratexia Mariña. Nembargante, a realidade é que o plástico sigue ocupando demasiado espazo nas nosas vidas. De feito, en España consúmense 51 millóns de envases de bebidas dun só uso cada día e cada persoa utiliza unha media de 133 bolsas de plástico ao año.

 Neste contexto Surfrider España, invita a participar nas Iniciativas Oceánicas a partir do 1º fin de semana de primavera para loitar contra o lixo mariño. Xa sexa na cidade como na costa, na praia, en lagos ou en ríos, animamos a todos os voluntarios a participar nunha actividade #oceaninitiatives!

 Como unirse ás Iniciativas Oceánicas? Moi sinxelo: basta con apuntarse a actividade que ANABAM e A Jalleira Afea co-organizan o vindeiro domingo día 20 de marzo en Portecelo (O Rosal)

Se queres organizar a túa propia limpeza, podes rexistrar a actividade na webou notificar sobre a participaciónnalgunha das actividades xa programadas. A partir de aí, é deixarse guiar polo material educativo facilitado polo programa. Porque non só se trata de recoller residuos, senón de impulsar un cambio de hábitos no noso día a día para reducir o lixo desde a súa orixe. Ademais, as Iniciativas Oceánicas pretenden recoller datos a través da identificación e cuantificación do lixo mariño. Datos que se utilizan para establecer unha análise do estado da contaminación que recolle anualmente e que se expón no informe ambiental das Iniciativas Oceánicas, entre outros.
Ademais, Surfrider España, aproveita o lanzamento das Iniciativas Oceánicas para impulsar a campaña “BanthePlasticBag” (Prohibir a bolsa de plástico) que pide a prohibición das bolsas de plástico dun só uso, acompañando aos municipios españois involucrados nesta iniciativa.

 Unha cousa é certa, está nas nosas mans cambiar o rumbo da situación.

 Polo tanto, unídevos ao programa Iniciativas Oceánicas a partir do 17 de marzo!

 Nos pedímosvos que participedes na limpeza que organizamos o domingo 20 de marzo en Portecelo (concello de O Rosal).

O ROSAL

A Agrupación Musical do Rosal ofrece o próximo domingo o seu tradicional concerto do Día do Pai  

Será o domingo día 20 de marzo, ás 18:30 h. no Auditorio do Rosal  


 Agrupación Musical do Rosal

 Nesta cita xa tradicional na súa axenda de concertos de cada ano, a agrupación rosaleira que dirixe José Javier Bascoy ofrécenos un programa que leva o título "Entre o divino e o pagán" que a través da música de grandes autores, fará un percorrido por sonoridades que van dende a música puramente contemplativa, como en Lux Aurunque, de Whitacre, ata sonoridades propias de Stravinsky, como nas Danzas Paganas de Barnes, sen perder de vista a música española coas Danzas Fantásticas de Turina. Será o domingo, día 20, ás 18:30 horas, no Auditorio do Rosal.

A GUARDA

Apertura de prazo para campamentos de Deputación: “Depo Aventura  A Lanzada 2016” 

Infogauda / A Guarda

 O Concello de A Guarda informa da apertura de prazo para participar nos campamentos da Deputación de Pontevedra.

 Participantes: nenos/as que teñan o seu domicilio habitual nun concello da provincia de Pontevedra e que nacesen entre o 2003 e 2008 ambos incluídos (entre 8 e 13 anos) 

 Prazo: para solicitar praza entre o 15 de marzo e 8 de abril 

 Presentación solicitudes: As solicitudes poderán presentarse de dúas formas:  

- Preferentemente realizando unha prescrición a través da web da deputación , cubrindo os datos no modelo oficial de solicitude e premer o botón enviar. Despois imprimir este xustificante e presentalo xunto co resto de documentación no Rexistro xeral da institución ou oficinas de ORAL (as máis próximas: O Rosal (martes e xoves de 9:00 a 13:30 horas e Tomiño mércores de 9:00 a 13:30 horas).

- A outra forma de inscrición será cubrir a solicitude por escrito e xunto ao resto de documentación presentala nos rexistros citados anteriormente (Rexistro xeral Deputación ou oficinas ORAL máis próximas O Rosal e Tomiño).

DOCUMENTACIÓN: Solicitude, fotocopia dni pai/nai ou titor/a, fotocopia dni menor, certificado empadroamento, se é o caso certificado minusvalía, declaración xurada cuestionario médico (anexo I). 

PREZO: 83,60€, sobre este prezo as familias numerosas teñen un 20% de desconto

A GUARDA

O BNG realizará unha asemblea aberta presentando unha proposta de peonalización da Rúa do porto  

A reunión será este mércores día 16 de marzo ás 20:30 horas, no Restaurante Arruaz, no porto da Guarda.  


Infogauda / A Guarda

 O Bloque Nacionalista Galego ten previsto realizar unha asemblea aberta cos veciños da zona do porto de A Guarda para informar da proposta do BNG para peonalizar a rúa.  

 A reunión será este mércores día 16 de marzo ás 20:30 horas, no Restaurante Arruaz, no porto da Guarda.  

 Dende o BNG consideran "fundamental a realización deste tipo de reunións de cara a manter informado ao pobo, tamén se vai tratar como afectará a modificación da ordenanza do lixo a esta zona tan característica de A Guarda".

TURISMO

Carmela Silva destaca as potencialidades das Rías Baixas na presentación das xornadas do cluster de turismo 

A Presidenta da Deputación de Pontevedra sinala o éxito de participación neste encontro que comeza o xoves en Vigo Silva destaca o potencial turístico das Rías Baixas


Infogauda / Vigo

 A Presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, destacou hoxe na presentación das segundas xornadas do Clúster de Turismo de Galicia, as potencialidades que aínda teñen as Rías Baixas e a provincia para incrementar as visitas turísticas.  

 Silva participou xunto o alcalde de Vigo, Abel Caballero; o deputado provincial de Turismo, Santos Héctor e os representantes do Clúster, Diego Otero e César Ballesteros, na presentación das xornadas que baixo a denominación "Obxectivo 5 millóns. Retos e oportunidades da comercialización e tecnoloxía do destino Galicia" comezarán o   próximo xoves no Auditorio Mar de Vigo.  

 Este encontro, que tal e como destacou Carmela Silva, "espertou grande interese xa que se aumentou o número de inscritos ate os 350 cando estaba previsto que foran 300 os participantes" permitirá os asistentes  coñecer as novas estratexias de comercialización e os novos modelos  tecnolóxicos para acercarse os mercados de interese, entre outras cuestións que serán abordadas en diversas charlas e mesas redondas.   

 A Presidenta da Deputación subliñou que a elección de Vigo para esta celebración debíase precisamente a que "as Rías Baixas, Vigo e as Illas Cíes son os destinos máis  visitados de Galicia despois da catedral de Santiago".  

 Silva incidiu na posición importante que ten a provincia de Pontevedra en materia turística pero recoñeceu que aínda son moitas as potencialidades por desenvolver. Así destacou todo o vinculado co turismo verde, o enoturismo, o sendeirismo, o termalismo o patrimonio cultural, arquitectónico e gastronómico da provincia, como os eixos das potencialidades que deben explorarse para ofrecer "os nosos visitantes unha oferta variada e moi completa de actividades para coñecer todos os recunchos da provincia". 

 Precisamente, a Deputación de Pontevedra traballa nun plan integral de turismo para toda a provincia, que permita fixar os obxectivos a medio e longo prazo e coordinar os recursos existentes.  

 A xornada, que se celebra no Auditorio Mar de Vigo, comezará as dez da mañan  do xoves día 17 e van dirixidas a profesionais do sector turístico, hoteleiros, empresarios do turismo rural, turismo deportivo… en xeral todos aqueles profesionais que queiran profundizar nunha materia clave como é a comercialización dos produtos e recursos turísticos.    

SAÚDE

El Defensor del Pueblo prepara un estudio sobre la protección social de los enfermos de cáncer


Infogauda / Madrid

 En la conmemoración del Día Mundial contra el Cáncer, de este año, el Defensor del Pueblo recordó la importancia trabajar por los derechos de las personas afectadas por esta enfermedad.

 La Institución prepara un estudio sobre la protección social de los pacientes con cáncer para analizar cómo proteger mejor, en los ámbitos social y laboral, a las personas en un momento en que las perspectivas científicas indican que la realidad de la lucha contra estas enfermedades va a experimentar en el medio plazo, importantes cambios.


 El estudio analiza los programas generales de orientación, servicios de colocación y formación laboral para estas personas; la situación de los pacientes con cáncer con alta laboral; la de aquellos a quienes se les reconoce incapacidad temporal; las prestaciones farmacéuticas y la rehabilitación que reciben los pacientes diagnosticados, y las ayudas a las que pueden acceder sus cuidadores.

Otras actuaciones destacadas
o        El Defensor ha actuado de oficio ante la Consejería de Salud de la Junta de Andalucía por posibles carencias en la atención a menores con procesos oncológicos y en fase terminal ingresados en el Hospital Virgen del Rocío de Sevilla. Además, ha solicitado información sobre la posible carencia de recursos específicos de cuidados paliativos pediátricos en esta comunidad autónoma.
o        La Institución ha seguido en 2015 una actuación ante el Ministerio de Sanidad, Servicios Sociales e Igualdad para conocer si existen retrasos en la incorporación de los nuevos antitumorales al Sistema Nacional de Salud. Según la Sociedad Española de Oncología Médica (SEOM) el tiempo transcurrido desde la autorización de un medicamento por parte de la Agencia Europea del Medicamento y su comercialización podría demorarse hasta 20 meses.

En opinión de la Institución, el sistema público sanitario debe ser capaz de responder en cualquier circunstancia al mandato constitucional de protección de la salud de todos los ciudadanos.

o        El Defensor ha trabajado para que se incorporen a la cartera de servicios los test genómicos para determinar la idoneidad de la quimioterapia en cánceres de mama. Ya se han implantado en algunas comunidades y en la actualidad, el Ministerio de Sanidad ha informado de que se va a constituir un grupo de expertos para evaluar la posible inclusión de estas pruebas en la cartera de servicios del Sistema Nacional de Salud.

  • El caso de una paciente oncológica extranjera en situación irregular a la que se le denegó la atención en un hospital de Castilla La Mancha derivó en una sugerencia de la Institución que en un primer momento fue rechazada. Sin embargo, el Defensor volvió a dirigirse a la Administración sanitaria de Castilla La Mancha que ha asegurado que está elaborando una norma para regular el acceso universal a la atención sanitaria pública, gratuita y de calidad en las mismas condiciones que el resto de ciudadanos en esta región.
  • Se han realizado actuaciones para dotar de especialistas en oncología a hospitales que carecían de este personal y para conocer la situación de los servicios de radioterapia y quimioterapia.
  • Además, la institución permanece vigilante ante productos potencialmente cancerígenos para la población. Así, mantiene abierta una actuación con el Ministerio de Agricultura para conocer el riesgo de los herbicidas con glifosato.   

VALENÇA

Sabores da Lampreia a Maior da Península Ibérica  


 Infogauda / Valença

 A lampreia foi degustada por mais de 5 mil apreciadores, na sétima edição do Festival Gastronómico "Sabores da Lampreia", no último fim de semana, na comunidade de pescadores de São Pedro da Torre, posicionando este festival como o maior da Península Ibérica.      

 No total mais de 1000 lampreias, do rio Minho, foram degustadas em cinco variedades diferentes, Lampreia à Bordalesa, Arroz de Lampreia, Fumada/Grelhada, Assada no Forno, Recheada ou o prato dos cinco sabores. Sushi de Lampreia, em escabeche com framboesas, em empanada ou em gressinos foram outras das formas que foi possível apreciar neste festival.     

 Sabores da Lampreia reafirma-se como o maior evento gastronómico dedicado a este ciclóstomo na Península Ibérica e segundo o conceituado gastrónomo João Guterres, da Confraria da Lampreia, posiciona-se já ao nível do Festival de Bordeaux, em França, considerado o maior do mundo. 

 Este festival enquadra-se na estratégia de promoção do turismo gastronómico valenciano que, ao longo do ano, proporciona um conjunto de festivais e a dinamização da restauração valenciana com jornadas temáticas. O próximo festival será o "Sabores da Aldeia", já no fim de semana de 29 de abril a 1 de maio.      

 Utilizando as técnicas tradicionais de pesca, no rio Minho, considerado um dos rios mais limpos da Europa e seguindo os métodos tradicionais de "bater a lampreia", nos tanques de água a lampreia de Valença só pode ser de excelência. As técnicas seculares de confeção e arte dos cozinheiros especializados levaram, até à mesa, especialidades que encantaram os mais apurados paladares.      

 Uma festa gastronómica popular, acessível para todos, que se mantém genuína e tradicional no conceito de que quem vem gosto, repete e traz mais um amigo.      

 Sabores da Lampreia foi uma iniciativa da Câmara de Valença, Junta de São Pedro da Torre, da Associação Sabores do Rio Minho e da Comissão de Festas de São Pedro da Torre que contou com a colaboração do curso de Hotelaria da EPRAMI, bem como do meio empresarial local e regional.      

 Para o Presidente da Câmara, Jorge Salgueiro Mendes, "Este festival foi um sucesso organizativo que encantou todos quantos tiveram a oportunidade de vir até Valença. Uma aposta no turismo gastronómico que é para reforçar já na edição de 2017 com o objetivo de posicionar os Sabores da Lampreia, como o maior festival do género do mundo".