A Agrupación Musical do Rosal ofrece o próximo domingo o seu tradicional concerto do Día do Pai
Será o domingo día 20 de marzo, ás 18:30 h. no Auditorio do Rosal
Nesta cita xa tradicional na súa axenda de concertos de cada ano, a agrupación rosaleira que dirixe José Javier Bascoy ofrécenos un programa que leva o título "Entre o divino e o pagán" que a través da música de grandes autores, fará un percorrido por sonoridades que van dende a música puramente contemplativa, como en Lux Aurunque, de Whitacre, ata sonoridades propias de Stravinsky, como nas Danzas Paganas de Barnes, sen perder de vista a música española coas Danzas Fantásticas de Turina. Será o domingo, día 20, ás 18:30 horas, no Auditorio do Rosal.
Ningún comentario:
Publicar un comentario