15 de mar. de 2016

A GUARDA

Apertura de prazo para campamentos de Deputación: “Depo Aventura  A Lanzada 2016” 

Infogauda / A Guarda

 O Concello de A Guarda informa da apertura de prazo para participar nos campamentos da Deputación de Pontevedra.

 Participantes: nenos/as que teñan o seu domicilio habitual nun concello da provincia de Pontevedra e que nacesen entre o 2003 e 2008 ambos incluídos (entre 8 e 13 anos) 

 Prazo: para solicitar praza entre o 15 de marzo e 8 de abril 

 Presentación solicitudes: As solicitudes poderán presentarse de dúas formas:  

- Preferentemente realizando unha prescrición a través da web da deputación , cubrindo os datos no modelo oficial de solicitude e premer o botón enviar. Despois imprimir este xustificante e presentalo xunto co resto de documentación no Rexistro xeral da institución ou oficinas de ORAL (as máis próximas: O Rosal (martes e xoves de 9:00 a 13:30 horas e Tomiño mércores de 9:00 a 13:30 horas).

- A outra forma de inscrición será cubrir a solicitude por escrito e xunto ao resto de documentación presentala nos rexistros citados anteriormente (Rexistro xeral Deputación ou oficinas ORAL máis próximas O Rosal e Tomiño).

DOCUMENTACIÓN: Solicitude, fotocopia dni pai/nai ou titor/a, fotocopia dni menor, certificado empadroamento, se é o caso certificado minusvalía, declaración xurada cuestionario médico (anexo I). 

PREZO: 83,60€, sobre este prezo as familias numerosas teñen un 20% de desconto

Ningún comentario:

Publicar un comentario