O BNG realizará unha asemblea aberta presentando unha proposta de peonalización da Rúa do porto
A reunión será este mércores día 16 de marzo ás 20:30 horas, no Restaurante Arruaz, no porto da Guarda.
Infogauda / A Guarda
O Bloque Nacionalista Galego ten previsto realizar unha asemblea aberta cos veciños da zona do porto de A Guarda para informar da proposta do BNG para peonalizar a rúa.
A reunión será este mércores día 16 de marzo ás 20:30 horas, no Restaurante Arruaz, no porto da Guarda.
Dende o BNG consideran "fundamental a realización deste tipo de reunións de cara a manter informado ao pobo, tamén se vai tratar como afectará a modificación da ordenanza do lixo a esta zona tan característica de A Guarda".
Ningún comentario:
Publicar un comentario