15 de mar. de 2016

TURISMO

Carmela Silva destaca as potencialidades das Rías Baixas na presentación das xornadas do cluster de turismo 

A Presidenta da Deputación de Pontevedra sinala o éxito de participación neste encontro que comeza o xoves en Vigo Silva destaca o potencial turístico das Rías Baixas


Infogauda / Vigo

 A Presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, destacou hoxe na presentación das segundas xornadas do Clúster de Turismo de Galicia, as potencialidades que aínda teñen as Rías Baixas e a provincia para incrementar as visitas turísticas.  

 Silva participou xunto o alcalde de Vigo, Abel Caballero; o deputado provincial de Turismo, Santos Héctor e os representantes do Clúster, Diego Otero e César Ballesteros, na presentación das xornadas que baixo a denominación "Obxectivo 5 millóns. Retos e oportunidades da comercialización e tecnoloxía do destino Galicia" comezarán o   próximo xoves no Auditorio Mar de Vigo.  

 Este encontro, que tal e como destacou Carmela Silva, "espertou grande interese xa que se aumentou o número de inscritos ate os 350 cando estaba previsto que foran 300 os participantes" permitirá os asistentes  coñecer as novas estratexias de comercialización e os novos modelos  tecnolóxicos para acercarse os mercados de interese, entre outras cuestións que serán abordadas en diversas charlas e mesas redondas.   

 A Presidenta da Deputación subliñou que a elección de Vigo para esta celebración debíase precisamente a que "as Rías Baixas, Vigo e as Illas Cíes son os destinos máis  visitados de Galicia despois da catedral de Santiago".  

 Silva incidiu na posición importante que ten a provincia de Pontevedra en materia turística pero recoñeceu que aínda son moitas as potencialidades por desenvolver. Así destacou todo o vinculado co turismo verde, o enoturismo, o sendeirismo, o termalismo o patrimonio cultural, arquitectónico e gastronómico da provincia, como os eixos das potencialidades que deben explorarse para ofrecer "os nosos visitantes unha oferta variada e moi completa de actividades para coñecer todos os recunchos da provincia". 

 Precisamente, a Deputación de Pontevedra traballa nun plan integral de turismo para toda a provincia, que permita fixar os obxectivos a medio e longo prazo e coordinar os recursos existentes.  

 A xornada, que se celebra no Auditorio Mar de Vigo, comezará as dez da mañan  do xoves día 17 e van dirixidas a profesionais do sector turístico, hoteleiros, empresarios do turismo rural, turismo deportivo… en xeral todos aqueles profesionais que queiran profundizar nunha materia clave como é a comercialización dos produtos e recursos turísticos.    

Ningún comentario:

Publicar un comentario