19 de dec. de 2016

EL BIERZO (LEÓN)

MOSTEIRO DE SANTA MARÍA DE CARRACEDO

Fotografías: Santiago Baz Lomba


Infogauda / El Bierzo

 O Mosteiro de Santa María de Carracedo é unha antiga abadía, fundada no século X pola orde Benedictina e posteriormente pertencente a orde do Cister.

 O cenobio orixinal foi fundado no ano 990 por Bermudo II, rei de León e Galicia para dar refuxio aos monxes que fuxían das avanzadas dos exércitos musulmáns guiados por Almanzor en terras leonesas. 

 O rei doou terreos da súa vila de Carracedo aos monxes bieitos para que puidesen crear alí o seu mosteiro baixo a protección de San Salvador.

 Lamentablemente, non alcanzou coa protección do santo porque no ano 997, o mosteiro, como outros tantos sitios de León, foi destruído polas forzas de Almanzor quen, ademais, sumou unha vitoria moral ao seu avance ao impedir que os restos de Bermudo II non puidesen descansar, como este quería, no novo templo.

 En 1138, a infanta-raiña Sancha Raimúndez, irmá do emperador Alfonso VII dispuxo, tras moitos anos de abandono, a restauración do mosteiro, facendo vir para a tarefa aos monxes de Santa María del Valverde, encabezados polo abade Florencio.

 Como pasou nel varias felices tempadas, a infanta Sancha converteu o Mosteiro en palacio Real, dándolle logo diversos privilexios e doazós que permitiron que San Salvador prosperase ata converterse en toda unha abadía con autoridade sobre unha decena de mosteiros benedictinos desparramados nas vastas terras de Asturias, Galicia, León e Zamora, ademais do seu poder sobre granxas, viñedos e muíños que lle daban un gran fluxo económico.

N o ano 1203, a comunidade abandonou as súas habitos negros -típicos da orde bieita - para tomar os brancos -pertencentes á orde do císter- convirtíndose así nunha filial da abadía francesa de Citeaux. 

 Ese ano cambiou tamén o seu nome obtendo a definición polo cal hoxe a coñecemos: Mosteiro de Santa María de Carracedo.

 Tras unha importante crise material sufrida no século XIV, o mosteiro logrou recuperarse en 1505 ao adherir á Congregación Cisterciense de Castela.

 A comezos do século XIX comezaron as obras de ampliación que deberon deterse pola Guerra de Independencia (1808). Tras sufrir, como tantos outros templos, a desamortizacion en 1835, o mosteiro entrou nunha etapa de decadencia que recentemente logro deterse no ano 1988 cando a Deputación Provincial de León, propietaria xunto ao bispado astorgano, do mosteiro decidiu emprender a restauración do lugar, tarefa que terminou no ano 1991.

 Este mosteiro conta coa declaración de Ben de Interese Cultural (B.I.C.).

Ningún comentario:

Publicar un comentario