CULTURA
A LANTERNA MÁXICA, UNHA EXPOSICIÓN A ESCURAS
Unha anovadora mostra de arte no centro de Vigo
Alberte Alonso / Vigo
Dende o venres 2 ata o domingo 4 de decembro terá lugar unha exposición de artistas plásticos no Urban Market do Progreso, acompañada por seis DJ’s. A exposición contará con mais de 20 artistas, entre os que se atopan algúns de renome como Alberte Pereira, Cé Tomé, Rubén de Torres, Sergio Covelo ou Sandra Mg.
A temática da exposición será libre e a gran novidade consiste en que o local, de máis de 800m², estará completamente a escuras, e os asistentes terán que ver as obras utilizando a luz dos seus móbiles ou lanternas que haberá a súa disposición. O local atópase na rúa Progreso nº 41 e é un local lóbrego propiedade do Urban Market. A exposición abrirá o venres 2 e sábado 3 de 20:00-24:00 e o domingo 4 de 12:00-16:00.
Durante a mesma pincharán varios DJ’s como B-Flecha, Fonkid, Mwëslee ou Misterchoco.
Os responsables do comisariado da exposición son Colectivo Latente e Dadá Gallery e organiza e patrocina Progreso 41 Urban Market. Tódolos artistas e DJs participantes son vigueses, ou estreitamente vinculados a cidade.
Artistas plásticos participantes: Alberte Pereira, Alberto Granada, Bruno Baw, Cé Tomé, César Paredes, Cheph, Cristina Brea, Cristina Pontanilla, Felipe Carnotto, Iñaki Matilla, Javier Fernández de Lis, Judith Adataberna, Manuel Costa Parcero María R. Arias, Miguel Lubians, Puri Díaz, Ricardo Pardo, Roberto de la Torre, Rubén de Torres, Sandra MG, Sara Costas, Sergio Covelo, Thibaud Dupuy e Xavier Queipo.
DJ’s: Mwëslee, Bflecha, Ash, Fonkid, Galis 115 e Misterchoco.
Datas de apertura: Venres 2/12/16 - 20:00-00:00, Sábado 3/12/16 - 20:00-:00:00 e Domingo 4/12/16 - 12:00-16:00.
Ningún comentario:
Publicar un comentario