8 de nov. de 2016

TOMIÑO

A AGRUPACIÓN DPORTIVA TOMIÑO CELEBRA O  SEU MAGOSTO

Dende as 17:00 horas do sábado, haberá castañas para todos   



Gonzalo Lomba  / Tomiño

 Este sábado día 12 de novembro, dende as 17:00 h., a Agrupación Deportiva Tomiño celebra o seu Magosto no campo da Carballa e invita a xogadores, familiares e amigos do club a unirse á celebración.  

 Na tarde do sábado, todo aquel que o desexe poderá achegarse ás instalacións da A. D. Tomiño e desfrutar da popular celebración mentres asiste a algún dos encontros de liga dos equipos de fútbol base de Tomiño.  

 A entrada será gratuíta e agárdase que haxa castañas para todos gracias ás achegas dos xogadores do club ao longo da semana. 

 Dende a A. D. Tomiño invítase ao público en xeral a acudir ao campo e desfrutar dunha combinación gañadora: fútbol, castañas e ambiente de festa para todas as idades.

Ningún comentario:

Publicar un comentario