8 de nov. de 2016

A GUARDA

CULTURA

HERALDO XA SINALIZA A ENTRADA Á BIBLIOTECA PÚBLICA MUNICIPAL DA GUARDA

Heraldo”, a mascota da Biblioteca Pública Municipal da Guarda, xa preside as escaleiras da entrada ao edificio do Centro Cultural onde está ubicada á biblioteca da vila
Fotos: C. A. G.

Infogauda / A Guarda

 Tal e como se anunciara en días atrás, o mural coa representación de Heraldo, a mascota da Biblioteca Pública Municipal da Guarda, xa preside as escaleiras da entrada ao edificio do Centro Cultural onde está ubicada á biblioteca da vila.  

 Así, a nova mascota da Biblioteca, deseñada por Pablo Coballes e Anxo Sánchez e elixida entre as propostas presentadas ao concurso “Mascota da Biblioteca” celebrado o pasado mes de outubro, dáse a coñecer entre todos os guardeses. O mural foi realizado coa axuda da profesora e algún alumno do curso de pintura organizado polo concello da Guarda, xunto cos creadores do deseño, Pablo e Anxo.

Heraldo”, como imaxe da Biblioteca, tamén promocionará a lectura e a Biblioteca Pública Municipal da Guarda


 Agora Heraldo, como imaxe da Biblioteca, tamén promocionará a lectura e a Biblioteca Pública Municipal da Guarda, que recentemente foi recoñecida polo Ministerio de Educación, Cultura e Deporte e pola Xunta de Galicia polo seu bo facer na promoción da lectura entre os nenos, a xuventude e outros colectivos sociais.

Ningún comentario:

Publicar un comentario