21 de nov. de 2016

MOVEMENTOS SOCIAIS


A PLATAFORMA GALEGA EN DEFENSA DO ENSINO PÚBLICO PRESENTOU AS MOBILIZACIONS QUE TERÁN LUGAR NA COMARCA 

Coincidindo coa xornada de folga estudantil do 24-N

A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público, acompañada de Foanpas Vigo, presentou hoxe en Vigo as mobilizacións que terán lugar na comarca coincidindo coa xornada de folga estudantil do 24-N
Foto: CIG


Infogauda / Vigo

 A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público, acompañada de Foanpas Vigo, presentou hoxe en Vigo as mobilizacións que terán lugar na comarca coincidindo coa xornada de folga estudantil do 24-N, e que darán continuidade á campaña pola derrogación da LOMCE e das reválidas. Fronte ás tentativas de frear a mobilización por parte do goberno chaman a dar unha "maior resposta nas rúas e nos centros de ensino" para rematar de vez cunha lei "clasista, elitizadora, mercantilista e españolizadora". 



 AXENDA COMARCAL PARA O 24-N 

VIGO: manifestación ás 12h desde Praza América. 

PONTEAREAS: manifestación ás 12h desde a baixada aos IES. 

CANGAS: concentración ás 12h no IES María Soliño. 

MOAÑA: concentración ás 12h no IES As Barxas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario