A GUARDA ACOLLEU A PROBA ESCOLAR DE CAMPO A TRAVÉS
O pasado sábado, no Camping Santa Tecla, de Salcidos
Intres previos a saída de unha das carreiras do pasado sábado
Fotos: C. A.G.
Infogauda / A Guarda
Ainda que xa informamos dese evento deportivo na nosa edición de onte, desde o executivo municipal do Concello de A Guarda, veñen de remesarnos unha nota de prensa dando conta que o pasado sábado día 26 de novembro, ás 10:30 horas, celebrouse no recinto do Camping Santa Tecla, en Salcidos (A Guarda), a carreira “Campo a través” organizada pola Agrupación Deportiva Baixo Miño en colaboración co concello da Guarda.
Nesta proba participaron nenos e nenas dos concellos de Salceda, Tui, Tomiño, O Rosal e A Guarda, onde actúa a agrupación. Os participantes percorreron diferentes distancias segundo as categorías por idades, dende os 600 ata os 2.300 metros e se realizaron en circuitos trazados dentro do Camping.
Os atletas da Sociedade Atlética do Trega acadaron un gran resultado neste cross clasificatorio escolar federado do Baixo Miño. Así, todos os corredores saíron na busca do billete que os clasificara para o provincial, tentando acadar as 8 prazas dispoñibles por cada categoría. A clasificación completa de tódalas categorías da proba pódense consultar premendo eiquí.
Aínda que o tempo non acompañou, nin a chuvia nin o frío impediron que os participantes puideran desfrutar da xornada, que foi posible gracias non só aos organizadores de Agrupación Deportiva Baixo Miño e o concello da Guarda, senón tamén á labor do Servizo Provincial de Deportes, ao Camping Santa Tecla, á Policía Local e ao servizo de ambulancia.
Ningún comentario:
Publicar un comentario