21 de nov. de 2016

A GUARDA

O BNG PRESENTA UNHA MOCIÓN CONTRA A VIOLENCIA MACHISTA

Co gallo do 25 de novembro “Día Internacional contra a Violencia de Xénero”   

O BNG solicita a creación do Estatuto de Feminicidio como iniciativa efectiva contra a violencia machista
 
María Mercedes Martínez Vázquez (Merchi), concelleira do BNG na Corporación Municipal de A Guarda e vogal na Entidade Local Menor de Camposancos

Infogauda / A Guarda

 O BNG presenta unha moción na que  se insta a Xunta á elaborar un Estatuto de de vítima de Feminicidio, o inicio dos traballos para modificar a lei galega para a prevención e tratamento integral de violencia de xénero para incorporar o regulamento de feminicidio, así como a mellora dos servizos de atención psicolóxica, información, e prevención e tratamento integral da violencia de xénero, así como garantir o servizo 016 con medios reais as 24 horas.  

 “Consideramos fundamental a inclusión o Feminicidio como forma de terror propia que sofren as mulleres e un Estatuto de vítima de Feminicidio que defenda a calquera muller que sofre maltrato. Debemos incluír este termo na nosa linguaxe diaria, para vergoña de todos aqueles que maltratan ás mulleres”, afirmou a concelleira do BNG María Mercedes Martínez Vázquez (Merchi).  

 Para o BNG mentres uns din loitar contra a violencia de xénero, poñen en marcha recortes que afectan precisamente a esta loita

 O BNG ten claro - conclúe Merchi Martínez - que o compromiso para rematar esta lacra pasa por ir das palabras aos feitos con iniciativas como as que presenta o Bloque Nacionalista Galego.

Ningún comentario:

Publicar un comentario