21 de nov. de 2016

A GUARDA

O CONCELLO DA GUARDA PREPARA UNHA ÚLTIMA FIN DE SEMANA DE NOVEMBRO DE CINEMA 

A primeira das películas que será proxectada é, dentro da campaña Invernos de Cine: “El abuelo que saltó por la ventana y se largó”, pódese ver o venres día 25 de novembro, ás 21:00 horas, no Centro Cultural

Ó día seguinte, o sábado día 26, ás 17:30 horas, volvemos a ter unha cita co cinema no Centro Cultural da Guarda. Proxectarase  o filme de animación “Rango”





Infogauda / A Guarda

 Dende o concello da Guarda séguese ofertando un amplo abano de actividades para estes meses de outono, xa en plena preparación das datas de Nadal. Para esta vindeira fin de semana, a última do mes de novembro, o cinema será o gran protagonista  do tempo de lecer da vila do Baixo Miño. 

 A primeira das películas que será proxectada é, dentro da campaña Invernos de Cine: “El abuelo que saltó por la ventana y se largó”. Esta comedia sueca, que narra as incribles aventuras dun home de cen anos que non quere deixar de vivir a súa vida ao máximo, pódese ver o venres día 25 de novembro, ás 21:00 horas, no Centro Cultural.  

 Ó día seguinte, o sábado día 26, volvemos a ter unha cita co cinema no Centro Cultural da Guarda. Desta volta será unha película especialmente pensada para un público infantil, pero que pode desfrutar toda a familia e os veciños e veciñas de tódalas idades. Proxectarase, ás 17:30 horas, o filme de animación “Rango”, premiado co Oscar a mellor película de animación e que promove valores como o descubrimento da identidade propia ou o significado da amizade.   

 Dende a Concellería de Cultura da Guarda anímase a todos a acudir esta fin de semana ao Centro Cultural e desfrutar dunhas películas que prometen diversión e entretemento para todos os públicos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario