21 de nov. de 2016

OIA

DEPORTE DE PATRIMONIO ÚNENSE EN COSTA DOS CASTROS

A ruta comezará ás 10 da mañá do domingo día 27 de novembro. Será unha variante circular da famosa Ruta Máxica cunha lonxitude de 15 km e dificultade media-baixa. O punto de saída e de chegada é o Cámping O Muíño en Mougás (Oia)



Úrsula Neilson / Oia

 O vindeiro domingo día 27 de novembro, a Asociación Costa dos Castros convida á xente a participar nunha ruta de sendeirismo pola Ruta Máxica de Oia.   

 Coa colaboración da tenda de deportes Decathlon de Vigo, a asociación anima a quen queira participar a facer deporte mentres coñece algunhas das xoias patrimoniais da zona, como o castro e petróglifos da Cabeciña e o castro de Cano dos Mouros.   

Visitantes no Castro da Cabeciña
Fotos: Costa dos Castros


 A ruta comezará ás 10 da mañá este domingo 27. Será unha variante circular da famosa Ruta Máxica cunha lonxitude de 15 km e dificultade media-baixa. O punto de saída e de chegada é o Cámping O Muíño en Mougás, Oia.   

 Para participar hai que inscribirse previamente na tenda Decathlon de Vigo, tanto físicamente na tenda ou no teléfono 986 406 501.   

Participantes na Ruta Máxica de Oia


 A participación ten un custo de 3€ que se abonarán no mesmo día da ruta. O custo inclúe o seguro, avituallamento ofrecido por Decathlon e o guía que fará pequenas explicacións dalgúns dos xacementos polos que pasa a ruta. Non inclúe xantar, polo que cada participante deberá traer a súa propia comida. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario