27 de nov. de 2016

A GUARDA

CULTURA

A BANDA DE MÚSICA DA AGRUPACIÓN MUSICAL DE A GUARDA E A AGRUPACIÓN CORAL POLIFÓNICA DE A GUARDA, CONMEMORARON Á FESTIVIDADE DE SANTA ICÍA, PADROEIRA DOS MÚSICOS


A Agrupación Musical de A Guarda e a Agrupación Coral Polifónica de A Guarda, conmemoraron conxuntamente á festividade de Santa Icía 
Fotos: Eduardo Rodríguez Pereira

Ricardo Rodríguez Vicente / A Guarda

 Onte sábado, día 26 de novembro de 2016, foi, culturalmente falando, un dos días grandes que sempre gusta vivir e compartir. O motivo non foi outro que á conmemoración da festividade de Santa Icía, padroeira dos músicos, evento organizado pola Agrupación Musical de A Guarda, coa colaboura do concello guardés, da igrexa parroquial de A Guarda e da Deputación provincial de Pontevedra. E decimos que foi un día grande, porque nese evento participaron a Agrupación Coral Polifónica de a Guarda e a Banda de Música da Agrupación Musical de a Guarda. 

 Logo da ilustrada presentación, a cárrego de D. Jesús García Villadóniga, párroco de Santa María de A Guarda, abriu o acto a Agrupación Coral Polifónica de A Guarda, dirixida por Mari Silda Sánchez Lomba, interpretando o seguinte programa:

· Roseiriña (Letra: Demetrio Iglesias; Arranxos: Xosé Oliveira).
· No niño novo do vento (Letra: Álvaro Cunqueiro; Música: Joaquín Carvajal).
· Huellas en la arena (Habanera), de Gádor Enríquez.
· Negra Sombra (Letra: Rosalía de Castro; Música: Xoán Montes).
· Háblame del mar marinero (Música: Manuel Alejandro; Adaptación Coral: Ángel Viro).
· Madre de mi esperanza (Popular).

 Rematada a magnífica actuación da coral guardesa, na que apreciamos a permanencia o longo dos anos, de varios compoñentes, así como a reincorporación de outros que temporalmente xa formaran parte da mesma, en épocas precedentes, así como á incorporación de novas voces femininas e masculinas, de edades heteroxéneas; o que demostra que é unha entidade dinámica e con vida activa; tería lugar á entrega de un agasallo conmemorativo, da Agrupación Musical de A Guarda, a directora da Agrupación Coral Polifónica de A Guarda.

Mari Silda Sánchez Lomba e Víctor Luis Alonso Treinta

 E a continuación daríase paso a incorporación oficial a Banda de Música da Agrupación Musical de A Guarda, dos seguintes compoñentes: 

Alba Vicente Pereira........................... Trompa
Nuria Fernández Martínez ....................  Frauta
Alberto Martínez Cadilla ...................... Trompeta
David Álvarez Mariño .......................... Percusión



Onte entraron oficialmente na Banda de Música da Agrupación Musical de A Guarda, catro novos compoñentes


 Como é costume, a cada un deles foille imposta por un compañeiro da Agrupación Musical de A Guarda, a insignia desa entidade, sendo acollidos todos eles con aplausos dos demáis compoñentes e tamén do respectable público.


Ese é o entandarte da Agrupación Musical de A Guarda

 Asemade tamén foi presentado o estandarte da Agrupación Musical de A Guarda, feito posible coa colaboura de varias persoas.

 E xa sen máis, deu comezo á actuación  dirixida por Víctor Luis Alonso Treinta, interpretando o seguinte programa:

· Soñar en Xirimbao (pasodoble), de Ángel Luis Fernández.
· Rivieren Cyclus, de A. Malando / K. Vlak.
· The Blues Factory, de Jacob de Haan.
· El Abanico (Pasodoble), de Alfredo Javaloyes.

 Cabe salientar que tanto polo programa elexido, como pola súa execución, a Banda de Música da Agrupación Musical de A Guarda, ainda sen contar con tódolos seus compoñentes, debido a estudos e outros compromisos persoais, confirmou o estupendo nivel que posúe. Iso debe ser motivo de sano orgullo e o mesmo tempo un acicate para que os xóvenes e calquer outra persoa con inquedanzas musicais, se achegue a Agrupación Musical de A Guarda, donde con certeza van ser moi ben acollidos.

 E na que poderíamos denominar como a terceira parte do programa, as dúas agrupacions (Coral e Banda), interpretaron os seguintes temas:

· Oda a la alegría, de L. W. Beethoven.
· Nabucco - Va Pensiero, de G. Verdi.

 A velada cultural remataría coa estrea, por parte da Banda de Música Agrupación Musical de A Guarda, da composición Pasodoble guardés, da autoría de José Luis Lorenzo Rodríguez, músico de longa traxectoria na diáspora brasileira, e o seu retorno, membro cofundador da Agrupación Coral Polifónica de A Guarda, fundador e exdirector do Coro Arpegios Cantábile, e fundador e director do Grupo de Acordeons Mascarenhas. 


O compositor, director e músico José Luis Lorenzo Rodríguez recibindo de David Álvarez Mariño, presidente da Agrupación Musical de A Guarda, un agasallo conmemorativo

 Logo de unhas verbas de Víctor Luis Alonso Treinta, por esta colaboura de José Luis Lorenzo Rodríguez, e como mostra de agradecemento por todo canto leva feito a prol da Música e da Cultura, o presidente da Agrupación Musical de A Guarda, fíxolle entrega de José Luis Lorenzo Rodríguez de un sinxelo agasallo conmemorativo desta data, que o músico e compositor recibiu emocionado entre o aplausos de agarimo de tódolos asistentes.

 Tra-la interpretación do Pasodoble guardés, o público púxose en pé, amosando a estupenda acollida a esa composición músical da autoría de unha persoa que ainda sendo natural de Vigo, e de haber residido en Brasil, ten na vila de A Guarda fondas raigames, sendo sen lugar a dúbidas un guardés de adopción, que ben merece un público recoñecemento a súa altruista labor musical.

 Por iso, a celebración de onte, como dixemos o comezo desta crónica, foi un día grande, que desexamos teña continuidade en vindeiras edicións, ainda sendo conscentes do traballo que conleva á organización de un evento así, e os ensaios previos para que todo, como onte, resulte brillante.

A GUARDA DEMANDA UN AUDITORIO MUNICIPAL
 E como non podería ser doutro xeito, unha vez máis, instamos ás institucions que corresponda, a dar os pasos pertinentes para que o municipio de A Guarda, conte nesta lexislatura que ven de comezar fai uns días no Parlamento de Galicia, con un auditorio municipal que permita desenvolver como se merece, todo o potencial cultural que ten esta poboación. Coidamos que, como quedou demostrado no día de onte, e en outras moitas ocasiones anteriores, A Guarda ten moitas razóns de peso para que sen demora, poida contar, como decimos, o longo destes vindeiros catro anos, con unha infraestructura cultural acorde coa lexítima demanda de máis de 10.000 veciños.

 E nos permitimos suxerir unha ubicación: O vello colexio público Manuel Rodríguez Sinde.

A nosa proposta está baseada en que ese antigo colexio está desafectado, ten superficie máis que suficiente, é céntrico, e sobor de todo, moi accesible.

 A ver se máis cedo que tarde, tódolos grupos municipais con representación no Concello de A Guarda, fan unha proposta conxunta para acadar ese Auditorio Municipal e non continuemos sendo, en senso figurado obviamente, no tocante a infraesctructuras culturais, o furgón de cola de toda á comarca do Baixo Miño. Queda dito.

Ningún comentario:

Publicar un comentario