19 de out. de 2016

SANIDADE




 As organizacións sindicais CIG-SAÚDE, CSIF, SATSE e UGT, con representación na Mesa Sectorial do SERGAS, e o SAE, con representación en Vigo, coma garantes de que todas/os as/os traballadoras/es accedan ao sistema público cos principios constitucionais de igualdade, mérito e capacidade, queremos denunciar o interese do SERGAS en manter a precariedade laboral e afondar na vulneración dos dereitos das/os traballadoras/es.

 Por iso, demandamos do SERGAS que, de inmediato, convoque a Mesa Sectorial para que emerxan todas as prazas vacantes cubertas con persoal temporal, e que estas se oferten por rigoroso orde de puntuación nas listas de contratacións. Con posterioridade estas prazas serían ofertadas nun concurso de traslados e a OPE.


 Queremos lembrar que as/os traballadoras/es acceden a listas de contratación polo seu esforzo e méritos, e así conseguen ter un posto nelas. Esforzo de ter superado máis dun proceso de OPE, anos de experiencia laboral con contratos precarios, e formación continuada, que engade valor ao traballo que desenvolven.
Este sistema regrado non se pode substituír por un sistema de contratacións en fraude de lei, nin estas prazas se poden cubrir a base de sentenzas xudiciais.

As Organizacións Sindicais ESTAMOS OBRIGADAS a defender os dereitos xerais de todas/os as/os traballadoras/es. Por estas razóns convocamos


(R.)

Ningún comentario:

Publicar un comentario