19 de out. de 2016

A GUARDA

3ª EDICIÓN - TALLER “QUERES TRABALLAR? AXUDÁMOSCHE!!” FERRAMENTAS E ACTITUDES PARA ATOPAR EMPREGO - 2016  
   

Asociación Érguete Baixo Miño / A Guarda 


 Dende a Asociación Érguete Baixo Miño, abrimos o prazo de inscrición para participar na actividade formativa “Queres Traballar? Axudámosche”, que dará comezo o venres 04 de novembro. Trátase dun taller dirixido a todas aquelas persoas desempregadas que desexen adquirir ferramentas e actitudes favorecedoras para topar emprego.   

Os contidos e as datas de impartición son: 
-        Plan de Búsqueda de Emprego – Folla de Ruta – Venres 04 
-        Deseño dun Currículum Eficaz – Luns 07, Venres 11 e Luns 14
-   Automotivación – Mércores 09 e 16 
-   O Teu CV na Rede – Venres 18 e Luns 21 
-   Entrevistas de Traballo – mércores 23 e 30 
-   Webs e Apps para atopar emprego – Venres 25 e Luns 28   

Duración: 60 horas 
Lugar realización: Aula Asociación Érguete Baixo Miño 

Metodoloxía: dinámicas, exposicións e casos prácticos 

Horario e Calendario: Luns, mércores e venres de 09:00 a 14:00 h. 
Nº Participantes: 15   

 O curso é totalmente gratuíto. Está financiado pola da Deputación de Pontevedra e as cotas dos/as socios/as da Asociación Érguete Baixo Miño.   

 Podes solicitar máis información na rúa Colón, 20 (Edificio O Pescador 1º piso) de A Guarda (Pontevedra), no teléfono 986 614 407 ou no e-mail  info@erguete.org 

Ningún comentario:

Publicar un comentario