2 de out. de 2016

DEPORTES

ATLETISMO

HASSAM LEKHILI ABBES REPITE VICTORIA NA 15 K DO ATLÁNTICO

Paula Mayobre González foi a vencedora absoluta en féminas


Hassam Lekhili Abbes, vencedor absoluto da 15K do Atlántico Banco Medialanum


Infogauda / A Guarda

 Nunha xornada de auténtico verán, ainda que estemos nos comezos do outono, este domingo día 2 de outubro, tivo lugar nas inmediacions do campo de fútbol de Oia, a saída dunha nova edición da 15K do Atlántico Banco Medialanum, que contou coas colabouras dos Concellos de Oia, do Rosal e A Guarda, así como de varias entidades comerciais da comarca.

 O igoal que nas edicións precedentes, a resposta dos atletas foi magnífica - uns 700 corredores tomaron a saída en Oia - e a do respectable público tamén, con un magnífico ambente deportivo e un percorrido vistoso, que fai que cada ano volte a ser un éxito de organización e de participación. 

 Unha vez dada a saída, os atletas puxeron rumbo o municipio de A Guarda, correndo moi preto do mar e en ocasions, seguindo - en sentido inverso - a ruta xacobea do Camiño Portugués pola Costa ou Monacal, que posúe un grande atractivo paisaxístico. 

 De Oia ao Rosal, e en menos de unha hora, chegaría a liña de meta situada no porto de A Guarda, o primeiro atleta, que nesta cuarta edición da 15K do Atlántico, o trunfo foi para Hassam Lekhili Abbes, con un tempo de 00:48:00. Compre salientar que este atleta xa gañara noutra edición precedente.

 En segunda posición entrou Daniel Bargiela Araujo, do Club Bikila, con un tempo de 00:48:26.

 O terceiro clasificado foi Gonzalo Basconcelo Araujo, do Real Club Celta de Atletismo, con un crono de 00:49:53.

 En féminas, a vencedora foi Paula Mayobre González, do Club Escola de Atletismo Paula Mayobre, que acadou o posto 18 da clasificación xeral, fixo un tempo de 00:53:45.

 En segunda posición, entrou Sandra Mosquera Losada, do Comesaña Sporting Club, con un tempo de 00:56:09. Acadou o posto 36 da clasificación xeral.

 A terceira clasificada foi Sara Pérez Rodríguez,  tamén do Comesaña Sporting Club, con un crono de 00:58:14. Acadou o posto 61 da clasificación xeral.

 Compre salientar que un total de 599 corredores entraron en liña de meta, dos cales 510 foron varons e 89 féminas.

Na imaxe os seis atletas que fixeron podio na categoría absoluta, féminas e varons, así como as autoridades e representacions que participaron na entrega dos premios.

 A entrega dos premios tivo lugar no Auditorio San Bieito, da vila de A Guarda, coa presencia do Secretario Xeral para o Deporte, da Xunta de Galicia José Ramón Lete Lasa; da alcaldesa de Oia e dos alcaldes de O Rosal e A Guarda, respectivamente, así como da deputada provincial Montserrat Magallanes Álvarez e do concelleiro de Deportes do Concello de A Guarda.

Ningún comentario:

Publicar un comentario