24 de out. de 2016

A GUARDA

A BIBLIOTECA MUNICIPAL PRESENTOU E DEU Á BENVIDA A HERALDO, A SÚA MASCOTA

Coincidindo coa primeira data dos Contos Contados deste pasado sábado, ademais de presentar en publico á mascota, se lle fixo entrega aos seus creadores do premio como parella gañadora do certame: un lote de libros e un agasallo doado por un establecemento da vila

A programación dos Contos Contados, que se estenderá ata o fin de curso, continuará a vindeira fin de semana, concretamente o sábado día 29 de outubro ás 11:30 h., nunha nova data que contará con máis conta contos, adicada nesta ocasión á celebración do Samaín
  

A concelleira de Cultura, Elena Baz Rodríguez con Pablo Coballes García e Anxo Sánchez Higuero, creadores de Heraldo”, á mascota da Biblioteca Municipal de A Guarda
Fotos: C.A.G.

Infogauda / A Guarda

 O pasado sábado, día 22 de outubro, os guardeses que se achegaron ata a Biblioteca da localidade puideron asistir á presentación da recentemente elixida mascota da Biblioteca: Heraldo.   

Heraldo”, á mascota da Bilioteca Municipal de A Guarda

 Deste xeito deuse a coñecer o deseño escollido entre os presentados ao Concurso “Mascota da Biblioteca”, unha das principais novidades da campaña para o fomento da lectura no público máis xove da Guarda que leva por nome “Vive a Biblioteca 2016/2017”.  

 Entre a variedade de propostas presentadas resultou vencedora a realizada por Pablo Coballes García e Anxo Sánchez Higuero, que representará á Biblioteca e acompañará todas as actividades e iniciativas que dende ela se promovan.   

 Coincidindo coa primeira data dos Contos Contados deste pasado sábado, ademais de presentar en publico á mascota, se lle fixo entrega aos seus creadores do premio como parella gañadora do certame: un lote de libros e un agasallo doado pola copistería “Copisterium”. Ademais, fíxose un Photocall que estará durante todo o ano para que todo o que o desexe poda fotografarse xunto á mascota. Tamén, tras a entrega do premio ós gañadores do concurso, houbo un conta contos e un obradoiro no que os nenos e nenas participantes fixeron un libriño a semellanza de Heraldo.  

A concelleira de Cultura, cos participantes na presentación de Heraldo e na sesión de Contos Contados

 A programación dos Contos Contados, que se estenderá ata o fin de curso, continuará a vindeira fin de semana, concretamente o sábado día 29 de outubro ás 11:30 h., nunha nova data que contará con máis conta contos, adicada nesta ocasión á celebración do Samaín.   

 Dende o Concello da Guarda anímase a todas as familias a achegarse os sábados ás citas cos Contos Contados que amenizarán as fines de semana na Biblioteca ata o mes de xuño, con conta contos e moi diversas actividades e entretementos para toda a familia.

Ningún comentario:

Publicar un comentario