15 de out. de 2016

A GUARDA

A COMUNIDADE DE MONTES VECIÑAIS EN MÁN COMÚN DA PARROQUIA DE A GUARDA SINALA VARIOS EXEMPLOS DA “PREOCUPACIÓN MUNICIPAL” 

Na área recreativa das Loucenzas



                  

Fotografías: Comunidade de Montes Veciñais en Mán Común da parroquia de A Guarda

Infogauda / A Guarda

 En data 13.10.2016, e con Rexistro de Entrada nº 6.544, foi presentada no Concello de A Guarda, pola Xunta Rectora da Comunidade de Montes Veciñais en Mán Común da parroquia de A Guarda, á seguinte comunicación. 

 Nestes días, saíu nos medios de comunicación, unha nota do Concello de A Guarda, sobre a denuncia presentada ante a Garda Civil sobre o “roubo” dúns columpios instalados no parque das Loucenzas, e diante desta información, dende  a Comunidade de Montes Veciñais en Man Común da Parroquia de A Guarda, queremos facer as seguintes matizacións sobre o asunto de referencia:  

 1º).-  Dos columpios que falan, fai bastante tempo que os mesmos non existen, e así o sabía algún membro do Equipo de Goberno, así como do risco que corrían os menores que se colgaban dos restos do mesmo para bambolearse, caendo en máis dunha ocasión e lastimádose, polo que se procedeu a súa retirada, reiteramos, con coñecemento municipal, así como a existencia de un (1) solo columpio incompleto.  

 2º).- Dita instalación, non dispoñía de ningunha autorización comunal, nin tampouco se preocupaba o concello polo mantenemento e conservación da mesma, e moito menos de todo o espacio da área recreativa das Loucenzas.

 Neste punto temos que indicar, como se atopan as mesas e asadeiros alí existentes, que cada pouco están sendo destrozados por incívicos de todo tipo, sendo a maior demostración de deixadez municipal a torre lumínica que leva meses fundida unha delas e non se ten reposto, roubo e as duas veces que así aconteceu ca placa instalada como homenaxe ao ex-presidente José Vicente Ferreira.  

 3º).- Debemos falar tamén da “preocupación municipal, sobre a baranda de madeira alí instalada e que cada pouco hai que arranxar ou repoñer para evitar que poida acontecer algunha desgracia, dado o desnivel alí existente.  

 Poderíamos facer máis referencias, da “preocupación municipal” polo mantenemento e conservación de ditas instalacións, pero o que está a vista non precisa moita explicación, polo que é de coñecemento público destes feitos.  

 A Guarda, a 13 de octubro do 2.016 


Celso R. Fariñas 
Secretario da Xunta Rectora C.M.V.M.C. de A Guarda

Ningún comentario:

Publicar un comentario