FRANCISCO CARRERO CARRERO, O AVÓ DE CAMPOSANCOS, CELEBROU SEU CENTENARIO
Rodeado da súa familia, o alcalde e a concelleira de Servizos Sociais da Guarda, no sábado das Festas do Monte Santa Trega
Francisco Carrero Carrero - no centro da imaxe -, flanqueado polo alcalde da Guarda, Antonio Lomba Baz e pola Concelleira de Servizos Sociais, Mª Teresa Vicente Baz, sostendo a tarta conmemorativa de un século de vital e lúcida existencia
Fotos: C.A.G.
Infogauda / Camposancos
O veciño de Camposancos (A Guarda), Francisco Carrero Carrero celebrou o pasado sábado día 13 de agosto un día moi especial, o seu 100º aniversario. Coincidindo co Sábado do Monte e coa fin de semana grande da Guarda, que acolle as Festas do Monte Santa Trega, un dos veciños máis lonxevos da vila festexou a destacada data do seu centenario.
Francisco Carrerro Carrero, conversando con Mª Teresa Vicente Baz, en presenza do alcalde, Antonio Lomba Baz.
Nesta celebración, ademais de estar rodeado da súa familia, tamén recibiu unha homenaxe do concello. O alcalde da Guarda, Antonio Lomba Baz, e a Concelleira de Servizos Sociais, Mª Teresa Vicente Baz, acudiron a dar os parabéns e un pequeno agasallo a este veciño por acadar os 100 anos de idade.
Nos intres de distendida tertulia que intercambiou co alcalde e coa concelleira, Francisco mostrouse moi animado e contento por ter acadado esta fazaña. Pero con ganas de máis. Prometeu intentar chegar ata os 120 “polo menos”. E coa saúde, a forza de vontade e o ánimo que amosou, non cabe dúbida que a este veciño da Guarda aínda lle quedan historias por vivir e contar.
Ningún comentario:
Publicar un comentario