20 de ago. de 2016

A GUARDA

A PROVIDENCIA EVITOU QUE OCORRESE UNHA DESGRAZA

Ricardo Rodríguez Vicente / A Guarda

 O pasado venres día 19 de agosto, un equipo de persoas, coa axuda de un vehículo de escaleira e cazo, procederon a retirar os arcos do alumeado das Festas do Monte Santa Trega. Esa labor, que para eles pode resultar rutinaria, debera contar con tódalas medidas de seguranza non soio para eles, senón para os usuarios da vía pública, tanto para os peóns como para os conductores e vehículos automóveis. A vista do procedemento que segueron para desenvolver seu traballo, e nos horarios en que o fixeron, todo semella indicar que non se adoitaron ás medidas axeitadas en materia de seguridade. E como mostra do que decimos, imos indicar tan soio dous exemplos do que consideramos que non é o correcto proceder, do cal non culpamos os operarios, senón os responsables da empresa a cal pertencen, e ás autoridades en materia de hixiene e seguridade no traballo, e poida que tamén ás autoridades locais, xa que os traballos tiveron lugar dentro do ámeto da vila de A Guarda. E se cadra, a alguén máis, pola súa relación directa ou indirecta, coa empresa que fixo eses traballos. Todo elo, porque entendemos que en maior ou menor medida, teñen ou poderían ter, se chegara a producirse algún percance, unha posible responsabilidade. Os exemplos que imos a citar son os seguintes:

1º.- Pola mañá, ollamos como o cableado que retiraban os operarios estaba posto de xeito informe e lonxitudinalmente, encima das beirarrúas – concretamente a altura dos establecementos públicos sitos na Avenida de Galicia, fronte o acceso o antigo Estadio del Tecla -, cos peóns transitando por ese lugar, co conseguinte perigo para os mesmos.

2º.- Pola tarde, arredor das 16:45 horas, aproximadamente, cando os operarios da empresa que instalou o alumeado das Festas do Monte Santa Trega, estaban desmontando un dos arcos do alumeado, a altura do acceso principal da Praza de Abastos, desprendeuse un dos extremos das mangueiras de cableado que atravesan á rúa Concepción Arenal, entre o inmoble sinalado co número 45 e o edificio sinalado co número 12, da devandita rúa. Nese intre, unha veciña – cuxa identidade nos consta -, que viña pola beirarrúa dereita, foi sorprendida polo desprendemento vertical, a poucos centímetros dela, do cableado que cruza a rúa, e pola caída da caixa que estaba fixada á fachada do inmoble sinalado co número 12. Todo elo, diante da total pasividade, despreocupación e desinterese dos operarios que estaban neses intres facendo o seu traballo de desmontar o alumeado das festas, xa que nin siquera tiveron o detalle humano de interesarse se a veciña se atopaba ben logo desa incidencia que pudo ter nefastas consecuencias para esa persoa, en particular, e por extensión para súa familia. É mais, recolleron a mangueira, fixándoa novamente o aramio que cruza á rúa Concepción Arenal, e sairon do lugar dos feitos, como se non hubese acontecido nada relevente, cara a inicio desa rúa, con total normalidade. O retornar a súa vivenda, a veciña informou do acontecido a seu cónxuxe, o cal deu coñecemento a Policía Local de A Guarda, co fin de que tan pronto fose posíbel se revise por parte do electricista municipal, o estado no que se atopa a devandita mangueira, o aramio que o sustenta e cuxos anclaxes están na fachada da Praza de Abastos e no inmoble sinalado co nº 12 da Rúa Concepción Arenal, a fin de evitar, na medida do posíbel, que feitos como ese se volten a repetir.

 Por fortuna, todo quedou nun susto, xa que providencialmente, a veciña non sofreu ningún tipo de lesión. Tan soio o susto e a impresión que lle deu ollar, en primeira persoa, como as mangueiras do cableado aéreo e á caixa que estaba adosada a fachada do inmoble nº 12, cairon diante dela, a escasos centímetros do seu corpo, con tal sorte que non houbo que lamentar ninguna desgraza persoal, agás o incomodo correspondente, por esa gravísima incidencia, que puido resultar fatal, e polos refugallos das bridas que suxetaban as mangueiras na devandita fachada, e o pó, que se desprendeu da mesma e cairon sobre a referida veciña.

 Conclusión: Traballos como os indicados, hainos que facer en horarios axeitados e con seguranza para os traballadores e para os veciños. Non de xeito rutinario. E para elo, todos, empresa, operarios, autoridades laborais, locais,..., teñen que procurar que ese tipo de incidencias non se produzan.

 Onte pudo haber unha desgraza. Providencialmente non tivo maiores consecuencias. Pero non sempre acontece así. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario