23 de xul. de 2016

A GUARDA

DEPORTES

Gañadores do Torneo de Volley Praia celebrado a pasada fin de semana na Guarda 



 A pasada fin de semana, o sábado día 16 e domingo 17 de xullo, celebrouse na Guarda o Torneo de Volley Praia. O Codesal acolleu durante o sábado o Campionato Senior de Galicia. O domingo este continuou coa disputa da final e tamén tivo lugar o campionato amateur no que participaron todos os afeccionados a este deporte da Guarda que así o desexaron.   

 Os vencedores do Campionato Senior galego foron, na categoría masculina, Pablo Gómez e Gabriel del Carmen; e na categoría feminina, Patricia González e Gladys Giráldez. 

 No caso da competición amateur, os gañadores foron os seguintes:   

AMATEUR MASCULINO 

1.- Dario/Alex 
2.- Fer / Guido 
3.- Fabio / Alvaro   

AMATEUR FEMININO 

1.- Tania / Lara 
2.- Yolanda / Mª Carmen 
3.- Marcela / Angela   

AMATEUR MIXTO 

1.- Tania / Pablo 
2.- Ayelen / Adrián 

3.- Lara / Alex     

 Co anuncio dos vencedores concluíu unha fin de semana de praia e deporte na que todos os participantes foron os verdadeiros gañadores.

Ningún comentario:

Publicar un comentario