Esta restricción no horario de apertura prexudica a criterio dos populares a unha parte moi importante dos veciños da Guarda.
O Partido Popular pide unha ampliación do horario de atención do distrito Marítimo da Guarda
• Dende esta semana só abre os mércores pola mañá
• Conchi Ortega considera de pasividade a actitude do alcalde e concelleiros do grupo de goberno socialista, aos que parece non preocuparlles o asunto.
Nese inmoble sito na Rúa do Porto, de A Guarda, atópanse as dependencias do Distrito Marítimo da Guarda
Foto: G.M.P.P.
Infogauda / A Guarda
A voceira do PP da Guarda, Conchi Ortega, vén de rexistrar unha moción para o seu debate no próximo pleno, na que insta ao Goberno Local a que medie coa Dirección General de Marina Mercante para que amplíe os días de apertura e de atención ao público do Distrito Marítimo da Guarda que actualmente só abre os mércores en horario de mañá.
“Esta restricción no horario de apertura prexudica a criterio dos populares a unha parte moi importante dos veciños da Guarda. Unha vila mariñeira, con frota de baixura, altura ou marisqueo que ten moitos veciños que dependen do distrito marítimo para realizar numerosas xestións”, explica a voceira popular.
“Non temos porque depender de Vigo - afirma Conchi Ortega - para facer calquera xestión ordinaria cando ata o de agora abondaba con baixar ao porto e pagar a taxa necesaria para obter por exemplo una folla de asiento de unha embarcacións, ou o despacho da embarcación. Xestións habituais no sector do mar que non poden ver restrinxido o seu horario mentres o Concello da Guarda entendemos debe implicarse no problema”.
Conchi Ortega considera “pasividade na actitude do alcalde e concelleiros do grupo de goberno socialisa, aos que parece non preocuparlles o asunto”.
“Non sabemos nin sequera se o Goberno local ten coñecemento do que está ocurrindo, pero é necesario que o alcalde se reúna de forma urxente co Capitán Marítimo de Vigo acompañado polas asociacións pesqueiras do Concello para explicarlle a problemática e buscar unha solución urxente”, conclúe a voceira popular.
Ningún comentario:
Publicar un comentario