A GUARDA HOCKEY LIÑA CULMINA SATISFACTORIAMENTE A LIGA GALEGA 2015-2016
Miguel Fernández Lomba / A Guarda
Bos resultados dos equipos masculino e feminino na Liga Galega de Hockey Liña 2015-16. Ámbolos equipos remataron na terceira posición da Liga Galega a pesares de saír derrotados nos seus respectivos partidos de eliminatoria.
Por outra banda o equipo infantil deu a sorpresa na Copa Federación vencendo a semifinal ante os locais do CHL Meigas e perdendo a final ante os tamén lucenses Lóstregos Norte, con este resultado os pequenos de A Guarda Hockey Liña poñen o broche final a unha ilusionante campaña rematando subcampións de Copa e cuartos na Liga Galega 4X4 de Hockey Liña.
Dende o Clube guardés valoran positivamente estes resultados e animan a calqueira que desexe iniciarse en esta disciplina a que se poña en contacto con eles de cara a preparación da vindeira tempada.
Enderezo electrónico de A Guarda Hockey Liña: aguarda.hl@gmail.com
Ningún comentario:
Publicar un comentario