MINUTO DE SILENCIO NA GUARDA POLAS VÍTIMAS DO TIROTEO DE ORLANDO
Alcalde, concelleiros, funcionarios, e veciños, sumáronse á lembranza das vítimas
Foto: C. A.G.
Infogauda / A Guarda
O concello da Guarda interrompeu a mañá do luns 13 de xuño a súa actividade habitual para gardar, na Praza do Reló, un minuto de silencio en memoria das vítimas do asasinato que ocorreu o pasado domingo en Orlando, Estados Unidos.
As autoridades do Concello da Guarda, co alcalde Antonio Lomba ó fronte, así como os traballadores do consistorio e os guardeses que se sumaron á iniciativa, quixeron amosar con este acto simbólico a repulsa polo sucedido.
Deste xeito, o Concello sumouse ás numerosas mostras de respecto e apoio que dende tódolos ámbitos se lle están a adicar ós familiares das vítimas deste horroroso suceso que se cobrou a vida de 50 persoas e no que 53 resultaron feridas, nun tiroteo perpetrado nunha discoteca que conmocionou á opinión pública.
Ningún comentario:
Publicar un comentario