14 de xuño de 2016

A GUARDA

AS PRAIAS GUARDESAS ESTÁN PREPARADAS PARA RECIBIR ÓS VISITANTES 

Desde o executivo municipal afirman que "(...) xa están en perfectas condicións e teñen todos os servizos dispoñibles para recibir a aqueles que desexen aproximarse ás praias do municipio (...)"

 Praia de Area Grande
Foto: Infogauda
Infogauda / A Guarda

 A época estival está a piques de comezar e as praias do municipio de A Guarda xa están en perfectas condicións e teñen todos os servizos dispoñibles para recibir a aqueles que desexen aproximarse ás praias da vila.  Así o ven de afirmar o executivo municipal do concello guardés.

 A meteoroloxía parece que comeza a acompañar e invitar ó baño tras a inestable primavera dos pasados meses. Por isto o Concello da Guarda desexa comunicar que xa están listas todas as praias para poder acudir e bañarse, practicar deporte á beira do mar ou simplemente relaxarse ó sol.
  
Vista parcial da Praia do Forte, en Camposancos (A Guarda), coñecida internacionalmente como Praia do Muiño
Foto: Infogauda

 Ademais hai que destacar que dúas das praias da localidade, as de Area Grande e O Forte - coñecida internacionalmente como O Muíño -, recibiron recentemente nun acto celebrado en Oleiros, sendas bandeiras azuis. Con estas a Asociación de Educación Ambiental e do Consumidor (ADEAC) promove e premia aqueles areais que destacan en catro áreas: calidade das augas de baño, información e educación ambiental, xestión ambiental e seguridade, servizos e instalacións.  

 A próxima semana os areais de O Muíño e Area Grande lucirán a Bandeira Azul e xa contarán, ademais de cos servizos anteriormente citados, co servizo de socorrismo. 

 Dende o Concello da Guarda convídase a todos os cidadáns e turistas a achegarse ós areais locais e desfrutar da privilexiada situación xeográfica e paisaxe da Guarda.     

Ningún comentario:

Publicar un comentario